
15 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.
Parte das traballadoras do fogar de Ferrolterra mobilizáronse onte pola tarde nunha caravana convocada pola CIG Servizos. Varios días despois do inicio da folga indefinida, as empregadas domésticas continúan protestando polo preacordo asinado entre CC.OO. e UGT. Entre as súas demandas están a actualización das cantidades por quilometraxe e un incremento do 6,5 % no soldo que as empresas tiñan que ter aplicado en cumprimento da cláusula do convenio en vigor. Neste, recoñécese o dereito a actualización salarial anual conforme a suba do IPC. la voz