Volve o Circuíto Ferrolán de carreira populares e de campo a través

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

De las quejas relacionadas con instituciones, 19 tenían que ver con el Concello de Ferrol
De las quejas relacionadas con instituciones, 19 tenían que ver con el Concello de Ferrol CESAR TOIMIL

12 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Ferrol continúa promovendo a práctica deportiva entre a poboación máis nova coa celebración da XIX edición do Circuíto Ferrolán de carreiras populares e campo a través, que inclúe catro xornadas. A primeira, tal e como trasladou o concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, aos grupos municipais durante a comisión de área, terá lugar este mesmo domingo, 13 de novembro, a partir das 11 horas, no barrio de Canido. Participarán preto de 300 nenos dos centros escolares e clubs inscritos nesta primeira xornada e haberá 10 categorías, segundo a idade, e premios para os tres primeiros clasificados en cada unha, nas modalidades feminino e masculino. Pola súa banda, todos os participantes na categoría «peques» recibirán un agasallo. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Concello de Ferrol en colaboración con Xogade e a Federación Galega de Atletismo. As próximas citas serán o 17 de decembro pola Malata, o 15 de xaneiro por Esteiro e o día 22 de xaneiro por As Cabazas.