Rosalía de Castro e Castelao reviven na ruta de históricos autores galegos polas librarías

La Voz FERROL

FERROL CIUDAD

Helga Méndez caracterizada coma Rosalía de Castro, o sábado na Central Librera da rúa Dolores
Helga Méndez caracterizada coma Rosalía de Castro, o sábado na Central Librera da rúa Dolores CEDIDA

Establecementos de Ferrol e Narón participan en novembro no ciclo Encontros Literarios

07 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Caracterizados coma Rosalía de Castro e Castelao, Helga Méndez e Óskar Gáez abriron a pasada fin de semana o ciclo Encontros literarios, no que Maquinarias teatro encarna a grandes autores galegos para adentrar ao público no oficio de escribir. Organizado pola Agrupación de Libreiros de Ferrolterra e os concellos de Ferrol e Narón, a proposta visitará diversas librarías. A proposta comezou o pasado venres en Metrópolis Cómics e continuou o sábado na Central Librera da rúa Dolores, antes de proseguir rotando polas librarías da contorna.

Así, cada venres (18.00 horas) e cada sábado (11.30) deste mes, Méndez e Gáez transformaranse nos grandes escritores da literatura galega para falar da súa biografía e a súa obra. Ademais, pedirase aos máis pequenos que colaboren na creación dun grande mural temático que posteriormente a este ciclo se exhibirá en forma de exposición.

Vindeiros encontros

Encontros literarios promete traer de novo á vida a persoeiros das letras. O próximo encontro terá lugar este venres, coa presenza figurada de Valle-Inclán na Central Librera Real. E o sábado, Emilia Pardo Bazán asinará exemplares na libraría Estraviz. En vindeiras datas haberá visitas de Concepción Arenal a Cortizas (día 18), de Carvalho Calero á Central Librera da rúa Real (sábado 19), de Eduardo Blanco Amor á libraría Day, de Narón (venres 25), e de Xela Arias á Central Librera (sábado 26).