A nova Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial pon en valor a historia de Ferrolterra

gala dacosta diehl FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

JOSE PARDO

O proxecto inclúe a creación dunha escola de verán para excavar o castro de Esmelle, charlas ou un «arqueódromo»

24 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A nova Cátedra de Arqueoloxía e Educación patrimonial, adscrita á Facultade de Humanidades e Documentación e dirixida por Juan Luis Montero Fenollós terá o obxectivo de «sacar la universidad fuera de sus paredes», como indica o doutor e arqueólogo da Universidade da Coruña. Para facelo, propón dúas vías: educación e formación patrimonial.

Na presentación que tivo lugar onte no vicerreitorado do Campus de Ferrol, o reitor Julio Abalde e o alcalde Ángel Mato asinaron o convenio de creación da cátedra. Á sinatura do convenio acudiron tamén o profesor de Historia Antiga, Juan Luis Montero Fenollós; a concelleira da Área de Benestar Social e Patrimonio Histórico, Eva Martínez; a vicerreitora da universidade, María Jesús Movilla Fernández e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya. O proxecto xurdiu da necesidade de poñer en valor o patrimonio de Ferrolterra, recuperar o castro de San Xoán de Esmelle que está en terreo municipal e nunca foi escarvado de maneira oficial, e facer extensivas estas prácticas a todas as persoas de Ferrol e comarca. Ademais das actividades propostas para a cátedra que comezarán este trimestre, están pendentes de obter permisos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta para poñer en marcha a escavación o vindeiro verán.

Fenollós explica que decidiron seguir a corrente de arqueoloxía pública ou de comunidade, buscando a implicación da sociedade máis cercana, como os veciños de Esmelle. Fenollós leva moitos anos dirixindo escavacións arqueolóxicas e procurando a participación dos civís na recuperación do patrimonio que é deles. Proba disto é que acaba de gañar un premio polo proxecto arqueolóxico que dirixe en Palestina. O día 22 de outubro participará no encontro anual de patrimonio dos veciños de San Xoán de Esmelle para presentarlles o proxecto en persoa. «No queremos convertirlos en arqueólogos, pero sí que se impliquen con tareas sencillas y el cuidado de lo que tienen», conta.

Ademais, outras actividades propostas buscan crear novas vocacións: coa escola de prácticas de escavación en Esmelle e coa creación dun arqueódromo educativo que recree un xacemento arqueolóxico para alumnos de escolas e institutos, que se ubicará nun lugar aínda por determinar. A cátedra ten tamén o obxectivo de reunir unha colección arqueolóxica os achados de Esmelle para que o público poida coñecelos e visitalos.