—Cando visita as zonas de Galicia onde estiveron todas esas persoas a obra xerará sensacións singulares...
—E por toda España, é fantástica a reacción do público a este espectáculo. A serie é marabillosa e este espectáculo non ten nada que ver coa serie, aquí a viaxe é mais parecida a do libro. Cóntanos unha historia que non rematou, porque segue entrando droga en Galicia. Cando se fai esta función en Vigo ou Vilagarcía é moi especial o que ven de volta do público. Toda esta xente viviuno dun xeito ou outro. Por exemplo as noites que estivemos en Vigo emociona, xa da primeira volta, ver as nais de Érguete aplaudindo Fariña dende o patio de butacas. Estaban Carmen Avendaño, Dora... Nais que formaron ese primeiro grupo que loitaron contra a droga... Que elas che dean as grazas é moi especial e que volveran a función.
—A xira está a piques de rematar, haberá outro proxecto similar?
—O equipo e a maneira de traballar seguirá e para proxectos futuros que inda non podo anunciar seguiremos contando coas historias de Nacho Carretero, Tito Asorey para a dirección.