O cantautor de Couzadoiro Diego de Braelle presenta o seu primeiro disco, Ortegal, hoxe (19.30 horas, Teatro de Beneficencia), en Ortigueira, con entrada de balde. En Cariño, Trémola Teatro interpretará a obra Florencio Delgado Gurriarán esta tarde (18.00 horas, auditorio municipal), con acceso gratuíto. Esta mesma compañía porá en escena Que animaliño é?, para os máis pequenos, os alumnos do Punto de Atención Infantil.
Nesta Día das Letras Galegas, en Cabanas proxéctase a curtametraxe A rosa incandescente, «unha peza audiovisual que presenta a unha Rosalía de Castro próxima e directa», interpretada pola actriz chantadina Alba López. Será ás 18.00 horas, no salón de plenos da casa do Concello. En Valdoviño, o público poderá gozar coa actuación ao aire libre da compañía Nova Galega de Danza, que levará o seu espectáculo Credo hoxe, ás 20.30 horas, á praia de Pantín. Trátase dunha proposta cultural incluída no programa Xacobeo 2021-22. Se chove, o Concello informará a través das redes sociais do novo emprazamento.