—Descubriu a razón pola que veñen?
—Pola rede de apoio que hai en Ferrol e que os axudan dende nenos a conseguir papeis, un traballo... Precisamente o protagonista do libro é un exemplo de que estas historias poden ter un final feliz. Esta persoa ten traballo, unha vida e familia en Ferrol despois de pasar momentos moi duros.
—O libro ten detrás moita labor de investigación...
—Así é e estou moi agradecida a todas as persoas que me levaron da man polo recorrido que fan uns rapaces que realmente son nenos. A diferenza radica en que os nenos da nosa sociedade viven con todos os privilexios, con todas as comodidades, e eles viven unha realidade oposta.