«Buscamos que vexas unha peza sen selar e ti saibas que é de Sargadelos»

Gala Dacosta Diehl
Gala Dacosta FERROL

FERROL CIUDAD

Ana Caneiro

Dous mozos ferroláns procuran novas liñas de produto para a marca galega
na planta principal de Cervo, combinando innovación e tradición

25 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A amálgama entre a innovación e a tradición formou sempre parte da natureza de Sargadelos. A marca que dirixiu Isaac Díaz Pardo, que xa se encadra na historia da Galicia contemporánea, está a renovar o cadro de persoal en departamentos coma Deseño de produto e Fotografía. A planta de Cervo, considerada Conxunto Histórico e Artístico, caracterízase dende a súa apertura en 1970 por acoller a novas xeracións de traballadores creativos e por propiciar un ambiente de aprendizaxe e de retroalimentación coas persoas que levan empregados décadas.

Alí desenvolven o seu traballo Ana Caneiro e Eloy Hermida, dous ferroláns que se incorporaron ao cadro de persoal recentemente e que, grazas á súa aportación, contribúen ao proxecto de «explorar novas liñas de produto» no que se atopa inmerso Sargadelos nos últimos tempos.

—Como xurdiu a oportunidade de traballar na planta de Cervo?

—Eloy: Cando me graduei en Deseño Industrial non sabía moi ben por onde tirar, así que fixen talleres de skate e de graffiti, organizaba eventos de drink and drawpero tamén mandei currículos e renovei meu portfolio. Fun á entrevista en Cervo con algúns compañeiros de promoción e comecei en prácticas, logo contratáronme por dous anos.