-En que están a traballar ultimamente?
-(L): Agora estamos expoñendo os nosos traballos de fin de máster en Granada, e estamos no festival de artes visuais Intersección, na Coruña, que levamos comisariando dous anos. Tamén estamos coordinando a última iniciativa do Grupo Subterráneo, que é un colectivo artístico de xóvenes creadores do que fomos cocreadoras.
-(N): Lanzamos unha convocatoria aberta de Correspondencias audiovisuais, que pretendemos ofertar a algún festival facendo unha longametraxe. Con todo o material que fomos recompilando tanto dos artistas do grupo como das moitas rapazas que participaron pretendiamos amosalo nalgún espazo expositivo. Foron seis meses xuntando materiais en tempos pandémicos para comunicarnos entre nós.