«Deberíase apostar máis pola froita autóctona, de Ferrol a O Barqueiro é ouro puro»

O pontés José Antonio Bellas Meizoso preside a Asociación Galega de Foita Autóctona (AGFA) do Eume


SAN SADURNIÑO / LA VOZ

O pontés José Antonio Bellas Meizoso (o pai de Ignacio Bellas Castro) é o presidente da Asociación Galega de Froita Autóctona (AGFA) do Eume, fundada en Campolongo (Pontedeume) no ano 2004. «Creouse porque se empezaron a facer cursos, víase que había moita froita e que se estaban perdendo variedades... A idea era a conservación e a recuperación da froita autóctona», repasa. Hoxe ten arredor de 65 socios, a maioría do entorno do Eume e Ferrolterra, pero tamén doutros puntos de Galicia, e a sede está en Doroña (Vilarmaior).

A principal actividade do colectivo é o mantemento da horta de froiteiras Carlos Fornos, na finca da Cortiña, en San Sadurniño, a través dun convenio co Concello. O acordo prevé a colaboración da entidade na organización do concurso de froita autóctona da Feira Rural, que este ano se suspendeu por mor da pandemia, ou a planificación das visitas ao recinto. «Agora mesmo, polo coronavirus, non están vindo nin colexios nin asociacións, pero temos recibido ata a 95 persoas, uns agricultores que viñan da parte de Rois, e tamén dalgunha asociación de Valdoviño. Viñan, comían alí e pasaban o día», comenta Bellas Meizoso.

Transformación en Moeche

O presidente de AGFA do Eume confía en que a posta en marcha do centro de transformación agroalimentario de Moeche (as obras xa comezaron) favoreza a produción de froita autóctona e a súa comercialización, unha das vellas demandas do sector. «Non só se vive do leite, a Administración [autonómica] debería apostar pola froita autóctona. Desde Ferrol ata O Barqueiro é ouro puro para a froita. O problema é que falta información e plantamos variedades que non se venden, hai que adaptar a produción ao que se demanda no mercado».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Deberíase apostar máis pola froita autóctona, de Ferrol a O Barqueiro é ouro puro»