Estar informado


En política non ter información págase caro. As persoas traen unha mochila de sentimentos, filias e fobias, froito das experiencias da súa vida persoal e familiar. Hai tradicións familiares moi poderosas. Eu non sabía por que o alcalde Quintanilla -o seu pai morrera fusilado nos primeiros días da guerra civil- lle daba un trato deferente de cortesía a Roxelio Cenalmor, o portavoz de AP. Cenalmor nas discusións era rápido coma un esquío, agudo, con recursos sofísticos, isto é, as mentiras parecían verdades... Ás veces era exasperante con preguntas impertinentes e acertaba case sempre cunha lingua bífida e afiada. Contáranme que de cativo no colexio xa era así. Un día pregunteille a Quintanilla por qué tiña con Cenalmor tantas deferencias e bo trato. E don Xaime contoume que cando mataron a seu pai el estaba na lista con sona de mozo de esquerdas. Corria o risco de acabar «paseado» en calquera «saca» feita por falanxistas. Alguén da familia Cenalmor (O tío? O pai do noso compañeiro de corporación?) decidiu quitar a Quintanilla do perigo de ficar en Ferrol. Había algunha amizade entre eles. De noite levarono en coche a Santiago. Na ponte de Xuvia pasaron un control falanxista grazas á influencia de Cenalmor. Chegaron a Santiago sans e salvos e Quintanilla ingresou voluntario no exército. O exército sublevado, por suposto. Fixo a guerra como sanitario. Para moitos a fronte de guerra era máis segura que a retagarda. Con esta información comprendín certas cousas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Estar informado