O Laboratorio do CHUF realiza unha media de 330.000 análises ao mes

Antía Urgorri Serantes
ANTÍA URGORRI FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

JOSE PARDO

O 80 % das determinacións danse dentro da nova cadea automatizada

24 jul 2020 . Actualizado a las 17:55 h.

O Laboratorio de Análises Clínicas da Área Sanitaria de Ferrol realiza unha media de 330.000 determinacións clínicas ó mes. «Estas probas fanse máis rápido, e con maior eficiencia, trazabilidade e seguridade dende o pasado mes de setembro, no que se completaba a renovación total da laboratorio CORE, que é unha gran área técnica que dá servizo a distintos ámbitos do laboratorio, e onde se realizan o 80 % dos determinacións, que son validadas polos distintos especialistas en análises clínicas das diversas áreas de coñecemento·, informan dende o CHUF.

Esta cadea permite conectar distintos analizadores para integrar técnicas e consolidar parámetros coa consecuente mellora da eficiencia.

Renovación

Tódolos elementos que conforman a cadea téñense renovado pola última tecnoloxía e con maior potencia analítica, como as centrífugas, onde se separan os soros compoñentes da mostra; o destaponador, que extrae o tapón da mostra, co beneficio que supón isto para o persoal, xa que minimiza o risco biolóxico; os analizadores, que son mixtos e realizan as determinacións en distintos ámbitos, como o bioquímico, as hormonas ou os marcadores tumorais, por exemplo; e os alicuotadores, que separan as cantidades necesarias para facer as distintas determinacións coa mesma mostra.

Esta renovación total converte ó Laboratorio no Marcide nun dos máis modernos de Galicia ó contar coa última tecnoloxía; e o primeiro en ter o laboratorio de urxencia e de rutina integrados no laboratorio CORE.