Rosalía ao lonxe


Lugo

Este domingo foi un 17 de maio atípico. O primeiro que non puido celebrarse nas rúas ou acudindo ás librerías. En Lugo, deixounos a pegada da intervención do Primo de Banksy, que volveu apelar ás nosas conciencias cunha imaxe na praza do Ferrol: Rosalía, en escorzo e provista dun telescopio, enxerga, ao lonxe, esa estrela, a 240 anos luz, que leva o nome.

Sendo unha moza de 16 anos, a nosa célebre escritora asistiu á romaría da Barca de Muxía. Alí, ela e Eduardo Pondal contraeron o tifo, o que provocou a morte da segunda. A esta amiga falecida dedicaría máis tarde Rosalía Las Literatas. Carta a Eduarda. Ese mesmo ano, 1853, houbo unha arrepiante fame que, despois de días de chuvias que estragaron as colleitas, provocou que hordas de campesiños baixasen ás cidades en busca de alimento. Ao ano seguinte veu o temible brote de cólera, que asolou A Coruña.

A vida humana ten unha escala tan pequena que cando acontece algo, mesmo sendo esperable, nos colle por sorpresa. Por iso me gusta tanto esa imaxe de Rosalía ollando ao lonxe: porque a coloca como un elo entre o pasado e o futuro, porque apela á necesidade de perspectiva e porque nos convida a nós, espectadores do presente, a termos unha ollada máis ampla.

O telescopio do primo de Bansky permitenos mirar as estrelas coma o agasallo que o principiño lle fixo ao aviador na súa despedida (en cada estrela, a ledicia do seu riso coma un axóuxere) e nós, coma o aviador, podemos dicir: Gústame escoitar as estrelas pola noite. É como se escoitase cincocentos millóns de axóuxeres.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
10 votos
Comentarios

Rosalía ao lonxe