Ferrol perde a Donato Sánchez, impulsor da Praza do Himno Galego de Ferrol

EDUARDO VÁZQUEZ VIDAL

FERROL CIUDAD

Praza do Himno Galego
Praza do Himno Galego PAULA QUIROGA

Un firme defensor da cultura de Galicia

29 nov 2019 . Actualizado a las 09:41 h.

O 23 de novembro faleceu Donato Sánchez Santos, á idade de 89 anos. Naceu no pobo de Cazalla de la Sierra, en Sevilla. Na súa xuventude ingresou na Armada. Estivo destinado en Cádiz, Madrid, Cartagena e, por último, en Ferrol, onde se xubilou. Gran afeccionado á lectura. Na súa biblioteca tiña gran cantidade de libros, moitos deles en galego, xa que era unha persoa moi amante da fala e cultura galegas. Persoa con moitas inquedanzas a prol do progreso de Ferrol, a súa cidade, quixo que tivera unha praza dedicada ao Himno Galego, e propuxo á corporación municipal de principios da década dos noventa esta idea. Despois dos estudos oportunos, viuse que en Esteiro había unha zona libre, na rúa Españoleto, coa coincidencia de que nesa rúa confluían as rúas Eduardo Pondal e Pascual Veiga, autores da letra e da música do noso Himno, feita a petición de Fontenla Leal. Ao longo desa década foise acondicionando esa praza coa plantación dun piñeiro e cun monumento dedicado a Fontenla. Donato soubo granxearse a amizade de moitas persoas. Home de gran xenerosidade, sempre ao servizo das boas obras.