Culto aos corpos santos


Un amigo entendido en milagres (ten lido moitos libros de relixión e falou con xentes potencialmente agraciadas por milagres) proporcionoume datos sobre probabiilidades de que os restos de Franco reciban axiña un culto relixioso e como consecuencia se deriven sucesos misteriosos, sobrenaturais e milagrosos, como ver bailar o sol e as estreliñas do ceo, escoitar voces e beneficiarse de curacións científicamente inexplicables. ¿E que pinta Ferrol neste asunto? A ver se acerto a explicarme: Franco tiña devoción especial pola Virxe de Chamorro. Posiblemente devoción herdada da súa nai. Cando en verán viña ao Pazo de Meirás facía unha escapada de cedo á pequena igrexiña de Chamorro. Subía a costa no seu solemne auto oficial de xefe de estado, escoltado por motoristas. Había unha vixianza discreta pero eficaz. Non sei como rezaba Franco á Virxe de Chamorro. Imaxino que recitaría as oracións de rigor. O que si sabemos por testemuñas é que Franco se emocionaba con estas escapadas que lle recordaban momentos da súa infancia. Eran visitas íntimas. Conto isto porque onde hai emocións pode haber acontecementos milagrosos. Ferrol debería estar ao tanto de calquera suceso de este tipo e pedir a tempo unha franquicia. Claro que se non hai milagres e aparicións tampouco pasa nada e pódese buscar fortuna poñendo o «banco» máis fermoso do mundo (contemplación) ou inventando unha tapa con ou sen cebola (dixestión). ¿Sucederá algo en Mingorrubio? O nome ten algo. A ver logo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Culto aos corpos santos