Loli Pereiro: «Nos 5 últimos anos aumentamos a un ritmo dun 10 % anual e hai moito aínda por facer»

J. G. SANTIAGO / LA VOZ

FERROL CIUDAD

PEDRO MACEIRA

A xerente do clúster tecnolóxico e empresarial das ciendas da vida (Bioga) explica que hai 67 entidades sociais representativas da biotecnoloxía en Galicia

19 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

No clúster tecnolóxico e empresarial das ciencias da vida (Bioga) hai 67 entidades socias «representativas da cadea de valor da biotecnoloxía en Galicia. Da provincia son 34, cos focos principais arredor do Campus Vida de Santiago; e na Coruña, na Universidade e na área metropolitana», sintetiza Loli Pereira, xerente de Bioga.

-Como é o sector biotecnolóxico?

-Temos identificadas unhas 90 empresas biotecnolóxicas e 250 máis usuarias en Galicia. O sector facturou máis de 320 millóns en 2018 e confiamos superar os 350 en 2019. Nos últimos 5 anos aumentamos a un ritmo dun 10 % anual e hai moito aínda por facer.

-Ten moito peso na provincia?

-A maior facturación e emprego está talvez no Porriño. Na provincia da Coruña teñen a sede a maioría das empresas galegas de base tecnolóxica, que emerxen a partir da transferencia de tecnoloxía das universidades de Santiago e da Coruña, con persoal investigador que quere emprender e van medrando. Aquí a maioría teñen menos de 10 empregos.