Monumentos


Odescoñecemento popular sobre os monuentos da cidade non é un asunto menor. No seu día fixen unha enquisa entre alumnos do Instituto sobre quen era o personaxe do monumento da Praza de España. Lembro este dato: o 40 % non sabía quen era. Dende que exiliaron da praza a pedestal, cabalo e Caudillo as autoridades ergueron varios monumentos.

Os custes tampouco son cousa menor. Hainos conceptuais que non me atrevo a cualificar. Por aí andan espallados e aguantan porque, sopeito, é un problema legal levalos ou á chatarra ou a un depósito especial para cousas de difícil comprensión. Tamén viñeron estatuas sen pedestal. «Porque son máis democráticas».

Facer unha enquisa sobre Rosalía, Canalejas, Churruca, Concepción Arenal pode causar melancolías. A estatua do Marqués foi no seu tempo a estatua máis coñecida polos mozos ferroláns. Non por cultura senón polas 1.500 pesetas que lles daban para librar da mili, e de paso non ir á guerra de Cuba. Un donativo que nunha praza militar como Ferrol entendíase pouco patriótico.

Moitos anos despois algúns cidadáns promoveron dende o Casino o monumento aos heroes das guerras de África.

As estatuas son como libros abertos. Pero case ninguén quere ler nelas. Hai moita preguiza por aprender. Co paso do tempo quedan aí varadas e reciben o nome de mobilidario urbano. O seu número non é pequeno e representan todas as ideoloxías. Teñen partidarios e detractores. Pero todas por igual acaban sufrindo algunha pintada e a dixestión das gaivotas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Monumentos