A cantina do Concello

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL CIUDAD

20 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

No Pazo municipal de Ferrol chegou haber unha cantina. Estaba pegada ao salón de Recepcións. Era

máis estreita que un vagón da Feve polo que concelleiros, periodistas e funcionarios tiñan que desenvolver mañas e habelencias exquisitas para tomar café, pillar un pincho e fumar un pitillo. Daquela se permitía este vicio en lugares públicos.

A proximidade e contacto físico daba posibilidades para intimidades e até conversas comendo a orella do veciño e veciña. Eses contactos favorecían cortesías, tolerancias, amizades, concordias e capacidade de chegar a acordos políticos. Nada mellor como certas estreituras para chegar a pactos. «Os que durmen no mesmo colchón son da mesma opinión». Pero desapareceu a cantina do Concello. Botáronlle a culpa a prohibición de fumar. Normativa do diabólico PSOE e da non menos diabólica Unión Europea. Entre as cen propostas de J.M Rey non está a recuperación da cantina do Concello. Se ten 100 propostas qué máis lle dá poñer a 101. Como a película 101 dálmatas.

Recuperar a cantina do Concello é poñer condicions obxectivas para recuperar as habelencias de concordias e pactos. Esta proposta da cantina, bar ou ambigú é realista. Tamén económica. Non precisa nin maquetas ni composicións virtuais de procedencia desigual. Metamos aos concelleiros nun bar estreito. Ou metámolos directamente no tren da Feve. E a ver qué pasa. Os que vivimos a experiencia daquela cantina aportaremos anécdotas, calando por suposto intimidades íntimas.