Manuel Bouza: «A un camión, ir e volver de Ferrol a Vigo cústalle 80 euros e pico de autopista, é moitísimo diñeiro»


Aos camións que transportan carbón do porto exterior de Ferrol á central térmica de As Pontes non lles afecta, pero moitos dos 71 empresarios que integran a Asociación do Colectivo de Transporte do Carbón (ACTC), con sede na vila mineira, compatibilizan esta actividade con outras e soportan a dura carga das peaxes. «A un camión, ir e volver de Ferrol a Vigo cústalle 80 euros e pico de autopista, e hainos que van todos os días; é moitísimo diñeiro», constata Manuel Bouza, Cholo (As Pontes, 1955). Seu pai tivo o primeiro camión no 1944. «Un nace camioneiro e morre camioneiro, lévase no sangue», sentencia.

-No transporte do carbón parece que si hai estabilidade.

-Non temos problemas porque estamos organizados, fixéronse as cousas ben entre Endesa, a nosa asociación e Pérez Torres (consignataria de buques no porto exterior de Ferrol). Temos un contrato firmado e se o cumprimos por todas as partes non ten por que haber problema. Os camións do carbón son especiais, con bañeiras que pesan pouco, pero máis da metade dos socios teñen outros camións que se dedican a outro tipo de actividades

-En xeral, percíbese un problema pola competencia desleal e polos falsos autónomos.

-Hai autónomos que cren que se non cobran o IVE están ganando cartos e non é verdade; se hai unha viaxe a Madrid que ten que valer 500 ou 600 euros, o 90 % dos autónomos vano facer uns 150 euros máis barato, e con iso están prexudicando moitísimo o mundo do transporte por non respectar os prezos. Tamén están os falsos autónomos e hai moita picaresca coas tarxetas de transporte (só se conceden para vehículos que non superen os seis anos de antigüidade).

-¿Teñen resolto o tema do estacionamento?

-Imos resolvendo grazas a que a gasolineira de Espiñaredo é propiedade de moitos dos socios, pero non é un espazo público. Hai polígonos a toxos onde non deixan aparcar e outros que non teñen vixilancia. Hai roubos de gasóleo e baterías; no polígono do Río do Pozo, en Narón, houbo un momento no que non se podía deixar un vehículo de noite.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Manuel Bouza: «A un camión, ir e volver de Ferrol a Vigo cústalle 80 euros e pico de autopista, é moitísimo diñeiro»