Pancartas e bandeiras


Hai anos as manifestacións reivindicativas ou de protesta eran de pancarta. Unha grande explicando o motivo da manifestación. Pretendía ser clara para buscar apoios e adhesións. Pero todos temos visto que detrás das pancartas foron asomando bandeiras. Bandeiras de sindicatos, de partidos políticos. E bandeiras «nacionais» (a galega en Galicia). Apareceu tamén a bandeira republicana. E bandeiras «nacionais» esteladas. Estas «esteladas» queren amosar radicalidade e carácter revolucionario.

Hoxe nas manifestacións hai máis bandeiras que pancartas. Os manifestantes pensan que bandeiras e pancartas non se estorban. Pero o público que observa unha manifestación, normalmente en silencio e mirando un pouco de esguello, pensa outras cousas ben distintas. Hai manifestacións estruturadas. Cando sindicatos e partidos con prestixio e poder impoñen disciplina.

Teñen liturxia, os seus tempos, a distancia entre os manifestantes e mesmo saben pactar coa prensa a cantidade de participantes. As de Ferrol nos tempos da reconversión eran manifestacións con disciplina. As de Reinosa ou Sagunto eran volcánicas. No País Vasco eran tamén disciplinadas, porque a conduta volcánica se deixaba para outros momentos pois tiñan comandos especializados en kale borroka.

Nas manifestacións de funcionarios sanitarios en Cataluña vin máis pancartas que bandeiras. Os políticos da Generalitat, tan afeitos ás bandeiras, sorprendéronse de ver poucas. Contan que lles entrou algo de medo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Pancartas e bandeiras