Bieito Romero: «Temos sorpresas para este concerto»

La voz FERROL

FERROL CIUDAD

Jose Manuel Casal

O Jofre acolle hoxe (20.30 horas) un recital no que presentan un disco adicado a Ribeira Sacra con música e sonidos vivos

09 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Bieito Romero conta os argumentos polos que elixiron Ferrol para presentar o seu derradeiro disco, «Ribeira Sacra», cheo de novidades.

-Comenza a xira en Ferrol

-É un lugar o que imos moito, creo que esta será a octava vez e o sempre levamos gratos recordos porque é unha cidade que aprecia moito a música. Este concerto non vai a ser calquera cousa, temos preparadas sorpresas e convidados especiais.

-Este disco está adicado a Ribeira Sacra...

-É unha comarca moi ampla que abarca 23 concellos e unha parte están en Lugo e outra en Ourense. Non estaba posta en valor como era debido e agora pode dicirse que está de moda, pero o importante é que os galegos saibamos que está ahí. Para min este traballo é sentimento puro porque tanto o meu pai como a miña nai son de alí.

-¿Cómo se reflicte unha comarca na música?

-O que fixemos foi investigar as músicas da zona, porque nos libros, que son a primeira fonte que se consulta, apenas había nada. Así que fomos o terreo e atopamos tesouros que fomos combinando coas músicas que nos inspiraron as lendas e historias de cada lugar. Ten a concentración de mosteiros máis grande de Europa e a presenza do mundo natural é moi forte, porque dos 26 cortes que van neste disco 14 son de música feita por nos e o resto grabacións feitas na natureza. Grabamos un amencer no mosteiro de San Pedro de Rocas; un home tocando as campás a ritmo de muñeira; o son dun carro, a roda dun afiador... É unha mistura de natureza e de tradición.

-Un disco diferente...

-Dende logo e por diferentes motivos, porque leva moitas colaboracións e é moi conceptual. Hai unha serie de ideas que transforman este traballo en algo distinto, inda que non novedoso, xa que fixemos cousas con estas características, pero non centradas nunha área tan concreta e con colaboracións que van de Víctor Manuel ata Ses, pasando pola Coral de Ruada, Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso ou Juan A. Antepazo de Astarot, Irma Macías Suárez, Brais Maceiras, entre outros moitos.

-¿Non piden outras comarcas repetir algo similar?

-Xa fixemos outras cousas con sons da natureza, pero non de maneira tan aberta. Agora hai moitas xuxerencias, pero temos adicado moita música a Costa da Morte. Eu vivo na porta desta área.