Reconciliación

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL CIUDAD

19 sep 2018 . Actualizado a las 11:22 h.

Nestes días as polémicas políticas van na dirección contraria da idea de reconciliación. Moitos pensamos que están a perfilarse de novo as dúas Españas, quedando a terceira España abafada no ruido de insultos e máis arrastrada ás confrontacións de momento só verbais.

No desfile militar do 12 de Outubro de 2004, día da Hispanidade, na tribuna de autoridades, estaban xuntos Luis Rojo e Ángel Salamanca. Luis Rojo fora combatente republicano da 9ª Compañìa da División Leclerc, a primeira compañía que entrou en París, liberando a cidade dos nazis. Ángel Salamanca fora sarxento da División Azul (baixo o mando do exército alemán) na fronte de Rusia e despois prisioneiro en Siberia de 1943 a 1954.

Houbo polémica na prensa por poñer xuntos a estes dous vellos antagonistas políticos e bélicos. Pero sospeito que a maioría da poboación española veu ben este sinal de reconciliación.

Tiven a sorte en Ferrol de falar moito cun home exenplar: don José María López Ramón. De xoven militante da CEDA (dereita) e militar no bando nacional. Alcalde de Ferrol, gobernador de Ourense e periodista.

Del gardan bos recordos persoas da dereita e máis da esquerda. Saben da súa honradez, do seu sentido da xustiza e dignidade humana. López Ramón tiña crenzas cristiás moi fondas e de aí quitou a necesidade (mandato divino) da reconciliación e perdón.

Él entendía que primeiro debemos recoñecer como tales os crimes cometidos e non caer no absurdo de «ti máis», porque tal frase significa «eu tamén».