A Xunta fará cinco contratos laborais na zona co programa Principia

La Voz FERROL

FERROL CIUDAD

JOSE PARDO

02 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta vén de resolver a terceira convocatoria do programa Principia que permitirá a contratación de 50 mozos e mozas titulados en 23 entidades da provincia da Coruña cun investimento de 500.000 euros. Concretamente, na comarca do Ferrol contratarase a cinco persoas cun investimento total de 50.000 euros na empresa de novas tecnoloxías, SM Tecnología SLU, con sede en As Pontes. Trátase dunha iniciativa posta en marcha no 2016 para favorecer o mantemento do talento na comunidade e o desenvolvemento da súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal preparado para acometer proxectos vinculados á I+D+i. A Coruña é a provincia onde se realizarán mais contratos.

Mediante estes contratos, que deberán ter unha duración mínima dun ano, o Goberno «busca abrir unha porta ao mercado laboral a universitarios ou titulados de FPII con pouca experiencia, xa que o programa está focalizado nos mozos e mozas menores de 35 anos con menos de 36 meses empregados na súa categoría profesional».