Jorge Suárez: «Pode que non sexa moi intelixente, pero o último ano imos encher a cidade de obras»

FERROL CIUDAD

CESAR TOIMIL

O rexedor local manifesta afrontar o derradeiro curso do mandato con moita ilusión e centrado en grandes proxectos

03 sep 2018 . Actualizado a las 10:41 h.

Con só nove meses por diante para rematar o mandato que lle foi encomendado tralas eleccións municipais do 2015, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez Fernández (Vigo, 1975), encara o peche do ciclo con proxectos que ven arrastrando dende o comezo, con un retraso que xerou múltiples críticas dos grupos da oposición, incluso dos que el chama «aliados naturais», e tamén de amplos sectores da ciudadanía.

 -¿Cómo ve este último curso ao fronte do Concello de Ferrol?

-Para min é o máis ilusionante, con moitas accións por diante. O último curso é máis de preparación da campaña electoral que de xestión política, pero nós imos facer a inversa. Temos orzamentos aprobados recentemente, multitude de proxectos preparados e en contratación para cambiar a faciana da cidade e o esforzo de todo o equipo de goberno vai estar todo dirixido nese sentido. Cando chegue o momento da campaña electoral para nós van a ser os 15 días oficias, pero antes imos estar centrados na cidade e polo tanto este último curso para min é o máis interesante a nivel de xestión política.

-Os seus primeiros orzamentos levan un par de meses aprobados, pero a cidadanía laiase da parálise no Concello, ¿en qué se está traballando?

-Nós tratamos de transmitir no posible toda a nosa actividade diaria, que é imparable. Hai tramitacións que pola nova lei de contratos son máis lentas do que quixéramos. En áreas como Benestar, Emprego e Cultura o traballo desenvólvese, baixo o meu punto de vista, con rotundo éxito e xestión máis que sobresaiente pero, por anunciar un pouco o que está a día de hoxe en contratación a efecto de Urbanismo, que é o que a xente máis esta agardando, dicir que a día de hoxe están en contratación a praza de Armas, a pasarela de Santa Mariña, o mercado de Caranza, os bloques de rúa Narón e Ares e Dez de Marzal en Recimil, o proxecto de reurbanización da rúa Carmen Curuxeiras e Manuel Espartero, a mellora da iluminación do barrio da Magdalena e a estrada de Pazos. Podería seguir con un incontable número de proxectos que se foron desenvolvendo durante este período vacante de orzamentos e que agora están preparados para sair en bloque. A nivel electoralista pode que non sexa o máis intelixente, pero este último ano imos encher a cidade de obras. Consideramos primordial levar adiante estes proxectos, tanto na zona urbana como na rural, e nos vindeiros meses veremos como arrincan todos, moitos deles dificultados por outras administracións e outros pola carencia de orzamentos, que, como digo sempre, non hai que eludir a autocrítica e tamén temos responsabilidade en dilatar algúns proxecros que deberan estar xa feitos.

CESAR TOIMIL

-¿Hai prazos para o inicio de ese torrente de obras?

-Como digo, están en contratación, agora teñen os prazos de licitación e eu creo que entre finais de ano e principios de 2019 comenzarán todas ao unísono e creo que é moi positivo, non só polas zonas que necesitan moitísimo dese investimento, como Ferrol Vello, Recimil ou a zona rural, senon tamén por todo o emprego que vai xenerar ese conxunto de obras e que nos collera nas eleccións con unha cidade con proxectos sin rematar pero xa encamiñados, porque unha vez que entran en contratación as obras son imparables e iso é o que nos produce máis satisfacción, con independencia do resultado electoral.

-O proxecto estrela da praza de Armas levantou moito rexeitamento, pero sigue adiante...

-Para nós non é un proxecto estrela é un proxecto máis que amosa un pouco como é esta cidade. No mandato de Irisarri, no ano 2009, pagáronse dous millons de euros ó concesionario para acometer a reforma da praza de Armas, dous millóns, cantidade importantísima para acometer moitísimas actuacións, e dez anos despois estamos na mesma situación. Agora o proxecto está aprobado e entrou en contratación, polo tanto xa é imparable e, unha vez que entre en licitación, en seis meses a obra deberá estar iniciada. É unha obra de execución rápida, que ainda que o prazo e de oito meses, pode reducirse tamén ata seis meses.

-Pero non estará antes das eleccións...

-A nós gustaríanos que sí, pero, se non é asi, estará en proceso. Que esté iniciada para nós é un éxito, porque é algo que ten pendente esta cidade, que demostrou a ideosincrasia da alternancia de gobernos que sempre perxudicou os proxectos da cidade. Veuse na praza de España, vese na praza de Armas e o final provoca a desidia da cidadanía coa clase política en moitas ocasións.

-Precisamente por esa alternancia de gobernos, a xente teme que a reforma da praza quede a medias. ¿Deixan todo ven amarrado para que non ocurra?

-É unha cuestión de sentido común. Non creo que a ningún goberno que saia elexido lle gustará deixar un buraco en lugar de rematar unha obra. Pero dende logo nós temos todo preparado para que ese proxecto se remate sen deixar ningún fleco ou cabo solto. Temos todos os informes favorables das diferentes direccions xerais que en ningún caso se piden para outras cidades nas que non gobernan pezas a abatir, como é Ferrol en Común, Compostela Aberta ou Marea Atlántica. Tivemos que agardar prazos mais extensos do necesario. Pero a intención e deixalo todo conxuntado e coordinado para que a obra se inicie e se remate nunha unidade de acto, ademáis non é comparable coa praza de España, onde se fala de vintepico millóns de euros en sucesivos investimentos. Isto é relativamente modesto, vai humanizar moito a cidade, non hai especulación inmobiliaria e vai camiño a un Ferrol moderno e accesible

-¿Terán que aprobar os orzamentos do vindeiro ano para consignar a partida que resta?

-Non, porque o ser un gasto plurianual con una modificación de crédito bastaría e non e condicion sine equanun ter orzamento para continuar a obra.

-E tamén en relación con esa alternancia de gobernos, vostede deixou sen vida obras xa rematadas do anterior mandato. Falamos da Costa de Mella e o parque do Montón...

-Neste aspecto teño que ser un pouco crítico, por una cuestión de coherencia, creo que Ferrol Vello que tiña necesidades de investimento en vivenda e en espazos públicos importantísimas. Destinar un millón de euros a rehabilitar os baixos da Costa de Mella foi una auténtica barbaridade, pero temos un patrimonio demasiado abundante para o que podemos xestionar desde o Concello o que supón a execución de contratos de seguridade, de vixiancia, de apertura e peche, que nos supoñen un sobrecusto. Hai unha moción do pleno para facer un museo da Semana Santa e partindo diso a intención é falar coas confrarías para abrir ese espazo en novembro e polo tanto terá vida. En canto ó Montón, vaise facer unha primeira actuación agora no mes de setembro para acometer os desbroces necesarios e a limpeza dos vertedoiros.

-¿E que pasa có abandono no que se atopan outras propiedades municipais como é o caso de FIMO e o centro comercial Porta Nova?

-FIMO está cedido a concellería de Deportes. Ahí hai clubes de base entrenándose dende a tempada pasada e a maiores hai un proxecto de cidade da seguridade en FIMO, donde poderían estar a Policía Local e os bombeiros, nun espazo perfecto para abandonar as actuais instalacións, que están obsoletas. Está en fase de proxecto, pero e unha idea transmitida polos xefes de Policía e Bombeiros que parece axeitada e pouco costosa, e que daría vida a FIMO. En canto a Porta Nova, saíron as bases aprobadas en comisión e en pleno, e agora estarán a exposición pública para que as entidades poidan optar a un espazo donde poder desenvolver a súa actividade. Có parking do centro comercial hai problema herdado de fai moitos anos, hai unha xestión nefasta por falta de mantemento e estamos en proceso de rescatar a concesióne e volver a adxudicalo, pero a día de hoxe có interior casi valeiro non está sendo rendable, pero esperamos que coa chegada de novas entidades mellore a situación e que a nova concesinaria teña moita máis dilixencia.

CESAR TOIMIL

«Con Defensa, máis que parálise, hai discrepancia total e absoluta sobre os termos do convenio»

O alcalde non ve deberes pendentes en asuntos como o acordo con Defensa ou a taxa de depuración

-Recoñeceu en varias ocasións a importancia da peza do Sánchez Aguilera para o desenvolvemento urbanístico da cidade, pero o convenio segue paralizado.

-Ahí, máis que paralise, hai discrepancia total e absoluta sobre os termos do convenio, tamén hai unha modificación da situación de feito, recoñecida polo propio Ministerio de Defensa, onde os tempos de especulación inmobiliaria remataron. Non hai ningún promotor que queira invertir o que necesitaría Defensa para cumplir a súa obriga de urbanizar a zona do Sánchez Aguilera, cun investimento de once millóns de euros, e a día de hoxe non dispoñen deses fondos. Polo tanto, as dúas partes somos conscientes de que hai que renegociar e estamos falando constantemente. O ministerio fixo os seus deberes cun proxecto de demolición das naves abandonadas e nós fixemos os nosos co Plan Especial e seguiremos falando, non só para tratar de mellorar o convenio, que para nós era válido o do mandato 2007-2011, senón tratando de implicar a outras administracións, como a Universidade, que está moi interesada na sinatura dun convenio con Defensa para a expansión prevista, con un gran traballo do equipo actual.

-E o deber tamén pendente da nova taxa de saneamento que vostede anunciou e non chega.

-Non creo que sexa un deber pendente; nós fixemos ata tres estudos de custos, foi catro veces a comisión, tres veces a pleno, pero a nosa proposta dunha taxa máis económica non tivo o respaldo necesario, xa que non foi apoiada pola dupla PP-PSOE cando nos deixaron sen salarios para desenvolver o noso traballo con dignidade e tivemos que levantar a suspensión da anterior. Polo tanto, a taxa está regularizada, non é a que nós queremos e xa está feito o estudo de custos, certificado e ten o visto bo dos dous enxeñeiros municipais, agora a quen corresponde facer a tarificación é a Emafesa, que xa foi requerida para que a faga no prazo de cinco días.

-A liquidación da parte que lle corresponde a Narón tamén segue sen resolverse.

-Con Narón mantemos relacións a nivel político e persoal fluidas e de colaboración en moitísimos aspectos, como en recabar fondos europeos e en estudos de transporte. A última comunicación de Narón amosa a súa vontade de pagar, únicamente queren un traballo multidisciplinar de funcionarios de ambos Concellos. Nós aquí xa formamos ese grupo de traballo e xa se vai poñer en contacto cos de Narón para poder certificar as cantidades que debe pagar. O tema de Emafesa xenerou moitísimo conflicto pola situación na que estaba a depuradora cando chegamos o poder, pero está en vías de resolución e finalmente o palpable é o estado actual da ría, que é magnífico, e estamos en vías de ter unha taxa o máis económica posible dentro das capacidades do sistema que, bueno, optouse por levar a depuradora ó porto exterior cós custos eléctricos que supón, que creo que foi o gran erro de inicio.

-Pero o servizo de xardíns tamén se mantén sen contrato, igual que a recollida de basuras, que incluso puido derivar nunha folga.

-Estase avanzando. O final do contrato de Parques e Xardíns e moi recente e dende o departamento de Medio Ambiente están traballando nos pregos técnicos e logo pasará xa a contratación. No tocante a recollida de residuos, o primero paso é a renuncia. Xa está feito o estudo contratado, falta que o inxenieiro municipal certifique que ese estudo é valido para a renuncia, e esperamos levalo a pleno este mesmo mes de setembro. Unha vez que se renuncie levaremos a comisión a nosa proposta de xestión de residuos e esperamos que sexa aprobada polo menos polos grupos da esquerda.

-Nese maremagnum de pendentes está o do persoal municipal, que parece estar perdendo a pacencia.

-Recoñezo as reivindicacións sindicais e creo que é unha das eivas deste goberno. A min doeme especialmente non poder ter feito a oferta pública dos anteriores anos por non ter apoios para os orzamentos. Tentámolo en novembro do ano pasado e non foi posible. En 2018 sí fomos quen de sacar o orzamento e agora, antes do 31 de decembro, temos que tela aprobada. É o obxectivo que temos pero, como digo, a labor sindical sempre e lexítima e admirable, porque moitas veces é criticada e denostada, e por extensión toda a función publica, que é imprescindible para sacar adiante un estado de dereito e un concello como o de Ferrol

-¿De qué se sinte orgulloso?

-Especialmente do sacrificio do persoal e os obxectivos acadados por todos e cada un dos concelleiros do goberno actual. Somos sete persoas que, con moito esforzo, moito sacrificio o moitos paos nas rodas, logramos obxectivos importantes, aínda que en moitos minaretes se proclamaron soflamas contra nós, pero creo que continuamos cun respaldo social importante. Teño que felicitar a todos os membros do goberno. No aspecto persoal, no papel institucional como alcalde logramos manter un mínimo de humildade e educación no trato, que moitas veces non foi correspondido na representación institucional e nos plenos, onde parece que incomodamos pola presenza do bipartidismo e somos un obxecivo a abatir. Acúsasenos moitas veces de victimismo, pero eu creo que un agresor sempre considera que a víctima nunca ten suficiente, porque o nivel de crispación que hai hoxe no Concello de Ferrol e inédito na historia, pero é algo que logramos sobrelevar e superar. Polo demáis, creo que a nivel político fixemos un traballo que avaluará a veciñanza nas urnas. Ahí será o exame final.

-¿Sigue disposto a repetir como candidato?

-Sí, xa o anunciei no seu momento. É difícil para min, porque é un desgaste familiar moi importante. Eu teño a miña vida persoal relativamente resolta; son funcionario público, pero está a vocación política de servizo, tal como eu entendo a política, un lugar de paso circunstancial no que aínda temos moito por facer, por iso teño a mesma ilusión e gañas, e tamén porque, si así o refrenda a asamblea de Ferrol en Común, temos un grupo importante de xente que espera moitísimo de nós e así nolo transmiten día a día.

-¿Non teme que a inestabilidade das Mareas poida influir nos próximos comicios?

-Creo que a situación das Mareas vai influir nas elecciones se non sabemos reaccionar a tempo, con intelixencia, e apartar as nosas diferenzas e traballar todos nunha mesma liña non haberá problemas. Pero continuamos acaparando portadas en medios de comunicación falando de temas que a xente non entende nin quere entender, porque o que queren é que lles ofrezan solucións para a vivenda o traballo, unha vida digna e uns servizos públicos de calidade. Iso non conduce a nada e espero que antes de rematar o ano aparquemos esas diferenzas e volvamos a transmitir algo que se perdeu, que era a alegría dun novo movemento político, con xente do común que non estamos dispostos a entrar nas estructuras encorsetadas dos partidos.

-En Ferrol complicarase aíndamáis si se materializa o anuncio de dous novos partidos xurdidos de Ferrol en Común, ¿non cree?

-Teño respeto por todas as persoas que deciden dar un paso adiante con una lista electoral e presentarse baixo os principios democráticos a unhas eleccións. Nos imos facer o noso traballo con todo o respeto as propostas que se presenten dende Marea de Ferrol, Actua, Sentimento Ferrolano ou o Partido dos Xubilados; todo o mundo ten a lexitimidade e debe ter o máximo respeto da sociedade por dar ese paso adiante e facer un servizo público que é un sacrificio moi importante. Nós temos o noso programa electoral e ofrecerémolo á ciudadanía para a súa particiación e ofreceremos tamén unha rendición de contas do que fixemos ben e mal, porque tamén fixemos cousas mal durante estes anos, e logo serán eles quenes decidan, pero creo que entrar en controversias entre organizacións que se supón que máis ou menos están dentro do mesmo arco ideolóxico é absurdo totalmente.

-¿Cree que lle pode pasar factura ter recurrido o PP para temas importantes?

-Iso non ten moito fundamento. Cando tí apoias un goberno para a investidura tes que ser coherente e facelo durante os anos de goberno, formes parte del ou non, o que hai que tratar é de chegar a acordos e non constantemente, coa gota do tormento chino, estar golpeando a un goberno que se sabe en minoría e tratar de que ese desgaste poda favorecer nun futuro proceso electoral Eso non é o que a cidadanía espera e nós levamos propostas que cremos que poden ter o apoio suficiente e non miramos outra cousa. Esta claro onde está a ideoloxía de cada quen.