Informar


Mentres cidades como Venecia ou Barcelona debaten sobre o turismo polas aglomeracións que sofren durante todo o ano, outras se atopan na fase de atraer visitantes. Neste segundo grupo está Ferrol, que malia mellorar as súas cifras, o certo é que aínda non chega, nin de lonxe, aos datos doutras urbes galegas.

Do potencial de Ferrol, tanto da súa zona urbana como rural, xa temos falado, pero realmente estamos preparados para recibir visitantes e ter no turismo un medio de recuperación económica? Pois me van permitir que o dubide, cando algo tan aparentemente sinxelo como informar a pé de rúa é moi mellorable.

Explícome. Hai uns días recibín a visita duns amigos de Zaragoza e, despois de imprimir os oito folios (nada atractivos) da oferta turística de Ferrol (non había web, presentada a quince días do remate da tempada), decidín presumir de barrio e, con Eduardo Hermida como guía de excepción, leveinos ás Meninas. Dinme de conta entón de que non existe sinal e itinerario ningún en todo Canido, así como alusión á aplicación que pon en movemento máis dunha vintena de Meninas. Como é posible que nin se coide nin se informe deste museo ao aire libre?

Por se isto fose pouco, no posterior paseo pola Ruta Modernista constatei que ninguén deles, de non estar eu. miraría cara arriba para admirar as magníficas fachadas Art Nouveau. Por que non facer un símbolo ben visible como en Barcelona, carteis indicativos e identificativos ou mupis nos accesos á Magdalena?

Talvez estes exemplos inflúen en que Ferrol, como dicía hai días unha publicación, siga sendo o segredo mellor gardado de Galicia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Informar