Albergue


Esta semana as colas eran as protagonistas na oficina de turismo local situada no porto, punto de saída do Camiño Inglés. E aínda que non todo o mundo agarda por información e credenciais para facer esta ruta a Compostela, o certo é que cada vez son máis as persoas que elixen Ferrol para iniciar a súa peregrinaxe. Os datos están aí. En xullo, das 50.868 persoas que fixeron o Camiño, 2.742 partiron da cidade naval, e nese mes produciuse un incremento de 806 peregrinos sobre o mesmo período de 2017.

Pero este «boom» que se percibe dende hai un tempo, non vai acompañado -ou, dende logo, non como debería- das actuacións necesarias por parte da administración. E o albergue é a principal demanda non satisfeita.

Mentres, este xornal publicaba hai uns días unha noticia sobre a situación de abandono e deterioro na que se atopa a antiga sede de Aduanas, que tras doce anos, segue agardando uso e rehabilitación. Aprobada en Comisión de Interior do Congreso a súa cesión ao Concello hai case un ano, que pasa para que o inmoble continúe a súa imparable carreira á ruina?

Complicado resulta, a verdade, pedir á cidadanía esforzos para a rehabilitación das súas vivendas e, neste caso, dun barrio que se está a caer literalmente, cando a propia administración non arranxa o seu patrimonio, comezando por un edificio singular que podería incoporarse á rede de albergues públicos do Camiño. E o mesmo acontece coa que fora sede da Comandancia, da Autoridade Portuaria, que agarda polo inicio dunhas obras que semella que nunca chegan e «afea», xunto con Aduanas, a magnífica fachada marítima. Incomprensible.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Albergue