Primeira de grupo. ¡Uff!


O cerebro procesa nun mesmo instante varias sensacións. O cheiro á sardiña e á lume da noite de San Xoan, o xogo da selección española e a manada saíndo da provisional. A leña que reparte o equipo magrebí. Tampouco xogan mal, ollo. O ¡Uff! na carambola do fútbol que axuda a liberar adrenalina. Sufrimento simbólico mentres outros sofren realidades de verdade. Quixera que todo fose un xogo como cando o compañeiro de curso Merino, delanteiro do equipo A en Comillas, caneaba a cinco defensas e deixaba sentado ao porteiro. Unha obra de arte a de Iniesta que calza lubas nos pes. ¡Qué finura! Pero non todo é futbol. Na casa maréanme con comentarios das fotos dos xornais onde as praias da noite de San Xoan parecen unha esterqueira. Non me concentro e Egea ponme dos nervios. ¿Que pasou? Ferrol vai ter tres mareas. De dúas horas cada marea. Para tolear. E mira que o nome de Mareas prometía, pero derivou en resaca. Agora son mareas cativas de dúas horas. Volvo ao fútbol. A min que me expliquen o talento de Diego Costa a quen sempre lle está rebotando o balón nas pernas. ¿E o celtiña Aspas? Para Aspas as mareas son de seis horas completas. ¿Por que non lle dan ese tempo?

Tamén entra no cerebro o video da Manada. Eles mesmos subírono. Revolve as tripas. ¿Son vítimas dunha conspiración feminazi?

A visión das praias cheas de lixo é un video penoso. Non quero para España, primeira do grupo, a imaxe da porcallada de Riazor. ¡Ufff! O salario mínimo subeu na prrórroga.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Primeira de grupo. ¡Uff!