Ferrolterra terá este ano un total de nove praias libres de tabaco

La Voz FERROL

FERROL CIUDAD

Vista de la playa de Morouzos
Vista de la playa de Morouzos ANGEL MANSO

Están nos municipios de Ferrol; Ortigueira; Mañón; Cabanas; Fene e Valdovio

09 jun 2018 . Actualizado a las 23:00 h.

A Xunta informa de que a comarca de Ferrol terá incluídos este verán nove areais formando para da Rede de Praias sen Fume. Como principal novidade este ano Fene incorporarase a este rede cun areal e Valdoviño incorpora unha nova praia ao listado pasando a ter dúas nesta categoría.

Para o período estival deste ano 2018 están adscritas e confirmadas A Fragata en Ferrol; A Concha, Morouzos en Ortigueira; Esteiro, Bares en Mañón; Chamalloso en Cabanas; Almeiras en Fene; e Mourillá-Os Botes, Meirás en Valdoviño. As praias sen fume invitan a absterse de fumar aos usuarios do areal, coa excepción dos espazos ao aire libre que se atopan nos locais de hostalería de cada un deles.