Abrindo Camiño


Para alcanzar un obxectivo, non chega con só desexalo, senón que hai que poñer os medios para iso. E este é un dos problemas do grupo de goberno, moi receptivo nas formas con entidades, pero escasamente resolutivo en moitas das demandas e necesidades expostas.

No Camiño Inglés temos, sen ningún xénero de dúbidas, unha ferramenta importantísima de dinamización e revitalización a todos os niveis: patrimonial, cultural, turística, comercial e hostaleira. E seguro que así o ve tamén o goberno local; por iso é polo que, por exemplo, reivindicara en varias ocasións a necesidade de contar cun albergue e reclamara a cesión do antigo edificio de Aduanas. Pero, por desgraza, non é suficiente. Se queremos poñer en valor esta ruta e aproveitar as súas potencialidades debemos ir máis aló. Debemos poñerlle cabeza e dedicarlle tempo e recursos, ademais de colaborar con aquelas institucións que si están a traballar de forma solvente e efectiva no Camiño Inglés, como é o caso da Deputación, que se está implicando -cun incansable Antonio Leira á cabeza- na posta en valor da ruta.

De nada serve pedir se desde a túa propia institución pouco ou nada se fai. A escasa presenza de Ferrol na recente feira do Camiño Inglés de Betanzos ou a negativa a participar en proxectos de dinamización, como o de Eduardo Hermida, dan unha idea do que sucede. Mentres, entidades e particulares seguen o seu propio camiño -e nunca mellor dito-, como é o caso do propio Hermida, o Club Montaña ou o Foro Ferrol Vivo, que acaba de presentar unhas guías sobre a Primeira Milla. O obxectivo: abrir camiño en Ferrol.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

Abrindo Camiño