Balance


Pasa a Semana Santa e chega o momento de facermos balance. A pesar do mal tempo rexistrado durante boa parte da semana -sobre todo, os días «grandes»- os primeiros datos que se coñecen, tanto no relativo á ocupación hostaleira como de participantes nas iniciativas organizadas para complementar e completar o programa de actos relixiosos, confirman que este evento revitaliza moito a economía local.

O impacto da Semana Santa en Ferrol é incuestionable e, máis aló de crenzas, este evento relixioso tense convertido nun reclamo para quen goza deste turismo -que tamén ten riqueza patrimonial e cultural- e para aproveitar e poñer en valor a cidade e a súa contorna.

Precisamente estes días a Ruta da Construcción Naval destacaba non só o incremento nas súas visitas guiadas a diferentes puntos de interese -agás San Felipe pola climatoloxía-, senón tamén a excelente valoración das e os turistas do conxunto patrimonial local, tanto no que se refire aos bens incluídos na candidatura que opta a Patrimonio Mundial, como da ruta Modernista.

Por iso, temos que congratularnos por estas cifras e valorar o traballo realizado por todos aqueles que traballan ao longo do ano para que a Semana Santa -aínda que pasada por auga- fose un éxito, e ademais, debemos tomar nota e, coa implicación das administracións, avaliar que se abra esta oferta -á que se poden engadir iniciativas como Ferrol é Moderno ou a primeira milla do Camiño Inglés- a outras épocas do ano para incrementar o número de visitantes, desestacionalizar o turismo e, de paso, poñer en valor un patrimonio que a xente de fóra valora e aprecia.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Balance