Meninas de Canido

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL CIUDAD

07 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Contan que a festa das Meninas non engorda o ollo do nacionalismo. Sóalle a Velázques, pintor da corte española. Demasiada invasión dos valores españolistas. Esta festa do barrio de Canido xenou limpamente, caeu ben no pobo e medrou como medran estas cousas da arte. Algo ten a auga cando a bendicen. Traballo non faltou para levala a cabo.

Eduardo Hermida é o inventor e promotor. Pero hai quen apunta envexas, outros sinalan xenreiras políticas e non falta quen ve unha conspiración «xudeo-masónica» para que as Meninas emigren o se sometan a unha reconversión feminista.

Eduardo Hermida ven soportando atentados de «baixa intensidade» contra o seu coche, a súa casa taller e as propias Meninas. Debémoslle sumar a burocracia dun convenio municipal que impide cobrar cartos prometidos. Velázquez cobrou as súas Meninas e Leonardo da Vinci a súa Gioconda e aqueles petroleiros de Astano fixéronse con boas veladas. O artista E. Hermida confesa a súa frustración e non ve á cidade agradecida por ter traido Meninas a Canido e artistas de Meninas e periodistas atentos a esta festa tan sinxela e inocente.

O desánimo de Eduardo Hermida é asunto serio. A incomprensión da cidade xa estamos afeitos a ela, pero o dos atentados, se son tales e veñen de onde se sospeitan, tiñámonolo que mirar seriamente.

Eu aínda non acerto a pensar en motivacións políticas que inspiran este vandalismo. Pode ser o mesmo vandalismo que ataca o parque de Aquaciencia. Pero me tarda algunha declaración de condena.