«O mal ten nome, o do PP, e os do goberno son almas corrompidas»

FERROL CIUDAD

CESAR TOIMIL

Iván Rivas dí que o problema principal de Ferrol son os tabús sobre temas fundamentais

17 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O voceiro do BNG, Iván Rivas (A Pontenova, 1976), culpa ó goberno de Ferrol en Común (FeC) de seguir as directrices do anterior mandato do PP e de non enfrontar os grandes temas da cidade.

-¿Qué valoración fai dos dous anos e medio de goberno?

-Tanto pola práctica como polas declaracións recentes, estamos ante un goberno que está absolutamente entregado as directrices que estableceu o PP. Que o alcalde afirme que vai ter que chegar a pactos co PP é o exemplo evidente, pero a cuestión tan recurrida xa do saneamento é a constatación de que esta práctica e a que se ten desenvolvido o longo de todo este tempo. O que temos é un PP nunha dinámica absolutamente destrutiva, que, por exemplo, asume que os orzamentos que se presentaron no 2017 eran deles. O goberno que entregouse ó PP e que o PP non ten a mínima piedade con el. Ó inicio do mandato dixémoslle que estaban a asinar un pacto có diaño. A día de hoxe, nesta cidade o mal ten nome propio, o do PP, e os do goberno son almas corrompidas.

-¿Arrepíntese de terlle dado o apoio a Suárez para ser alcalde?

-Non. Naquel momento non había unha alternativa que non pasase porque FeC asumise a Alcaldía. Era a lista máis votada e considerábamos que a política do PP ate ese momento era inasumible. Quero lembrar que o BNG ten dous concelleiros e parece que se lle quere facer responsable de todos os males e que ademais se fai sen falar do problema fundamental de Ferrol, que son os tabús sobre os temas cruciais.

-¿Cales son eses temas?

-A nova reestruturación no estaleiro, o saneamento, o tren ou que Defensa non pague impostos polas súas propiedades e que no las queira vender. Aceptemos a realidade e poñámoslle solución, pero isto non se enfronta. Temos o PP que ‘lo niega todo’ e a un goberno que está na fase da depresión. Creo que as últimas declaracións do alcalde evidencian que este é un goberno defunto.

-¿Apoiaría un novo orzamento?

-Non existen. Podemos falar dos que se presentaron para 2017, que demostran a hipocresía e o carácter destrutivo do PP, que chega a admitir no pleno que son os seus, pero vota en contra. O feito de telos prorrogados tanto tempo e outro exemplo da continuidade da política do PP.

-¿Cómo valora o papel do PSOE?

-Está claro. Cando se empeza a falar de contratos ponte para o subministro eléctrico, o PSOE forma parte do goberno, igual que nas comisión con Acuaes ou no consello de Emafesa se fala de asumir a xestión da depuradora, ou cando no ano 2015 se di que non funciona e tamén cando en 2016 remata o convenio con Augas de Galicia. O PSOE ten moitas cousas das que responder.

-¿Qué se pode facer no que resta de mandato?

-As decisións que ten tomado este goberno sobre temas fundamentais o limitan moito como para adoptar cambios de tipo estrutural. O que debería asumir é a resolución de problemas cotiás e hai moitos: a conexión de Santa Mariña e os Ensanche, a cuberta do Carvallo Calero, a mala iluminación da cidade, o estado das rúas... É evidente que para os temas fundamentais teremos que agardar un novo goberno, que non sexa o PP.

-¿Ferrol está mellor ou peor que o comezo do mandato?

-A situación non é boa. Precisamos un goberno valente e firme. Creo que si non se pode vivir con medo, moito menos gobernar.

-Suárez di de vostede que é coherente e inflexible...

-Para el somos inflexibles, para outros sectoriais e para o PP ‘los del no’. Lémbrame ao enfrontamento de Galileo có poder relixioso. Galileo dicía ‘sí, pero esto movese’. Nós igual, ‘sí, pero o BNG ten razón’.