Obras

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL CIUDAD

10 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Coas obras volvémonos cativos. Queremos obras. Todas valen. «Cabalo grande ande ou non ande». Pero cando son necesarias, as obras non veñen. Velaí as da autopista. Ferrolterra quedou sen autopista vinte anos. Era necesaria para unha comarca en reconversión. Palabra da que se abusou e con razón quedou desprestixiada. Ás veces penso que se por eles fora esta comarca tería sido borrada do mapa. Pero é difícil borrar do mapa un territorio e moito máis difícil borrar habitantes.

Agora temos necesidade dun tren a Coruña e máis un tren da Feve que funcione. Pero nin un peso para reformas. Nin un peso para un novo traxecto. Non contemplan necesarias estas comunicaciones. Vainos pasar como cando a autopista... Para as kalendas grecas.

¿Saben que eran esas kalendas grecas? Unha data inexistente. Pero eso si, estamos a facer un túnel carísimo para concectar o porto exterior coa nada.

Andamos entusiasmados coas obras. Coma cativos. Non quero ser agoreriro, pero ese enlace vai ser unha obra inútil e carísima. É difícil reivindicar obras no ferrocarril a Coruña e ao mesmo tempo bailar a muñeira cun túnel caro e inútil. Non sei onde temos a cabeciña.

Mentres escribo isto leo que van meter gas licuado nun tren da Feve. Un experimento. En Alemania non saben da nosa intelixencia. Seguen coa anticuada electrificación. Pero en Ferrol inventamos a biblia en verso e un túnel para nada. Por furar. E por certo, ¿as pedras? Si, as que quiten do túnel ¿ónde as botarán? Sospeito un novo recheo.