Os Ingleses aplastan o vixente campión, o Ferrol, na xornada inaugural (55-12)

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

FERROL CIUDAD

MONICA IRAGO

Victoria fronte a un rival que parte como aspirante a repetir experiencia na fase de ascenso

03 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Declaraba a semana pasada o adestrador dos Ingleses, Ju Santórum, que o obxectivo do conxunto vilagarcián era nesta nova tempada o de voltar á fase de ascenso a División de Honra B tras varios anos de transición. E visto o sucedido na xornada inaugural da Liga de Primeira Galega, semella que a cousa vai moi en serio. Cos Ingleses impoñéndose 55-12 ao vixente campión autonómico, o Ferrol R.C., nun partido visto para sentenza xa ao descanso.

Fronte a un rival que parte como aspirante a repetir experiencia na fase de ascenso, o cadro vilagarcián saíu competir o pasado sábado no estadio de atletismo de Fontecarmoa con Morris, con Ñeta e con Sito na primeira liña, con Cilin e con Quebra na segunda, completando a dianteira Piraña, Xoán e Gambita; Brea e Alejo exerceron de medios, JJ e Bosnio no centro dos tres cuartos, con Juan, con Dovi e con Capeich pechando o quince de saída. Gamba, na súa reaparición logo de máis dunha tempada parado por unha grave lesión, Lema, Prado, Fran, Chupito, Manu, Manolo e Sherman tamén tiveron a súa oportunidade de contribuír a un resultado final que tivo como premio engadido o bonus ofensivo.

Cos dous equipos amosándose moi agresivos de saída, Os Ingleses non tardou en marcar territorio no seu campo. Un ensaio de Bosnio con transformación de Alejo abríu un parcial de 31-0, con ensaios de Sito (2), de Morris, de Xoán, e con dúas transformacións máis de Alejo. O Ferrol R.C. recurtaba antes do descanso, 31-5, pero dous ensaios do reaparecido Gamba no arrinque da segunda metade deixaban o choque visto para a senteza. Bosnio e Manolo selaron os outros dous ensaios vilagarciáns.