Bioloxía mariña


Que teñen en común Alejandro de Humboldt, Patricio Paz y Membiela, Mariano Graells Aguera, Víctor López Seoane, Alberto Grimaldi, Odón De Buen y Del Cos, Ángeles Alvariño González, a Sociedade Galega de Historia Natural e a Estación de Bioloxía Mariña da Graña? A adiviña longa, resposta breve: dúas cousas, Ferrol e a bioloxía mariña. A xeografía da ría ferrolá motivou aos Borbóns do s.XVIII á creación dunha nova cidade, neste recanto de Iberia, para renovar a obsoleta flota de entón, motivou a concentración de científicos e técnicos da construción civil e naval.

Este referente favoreceu o paso pola cidade de personaxes relacionados coas nacentes ciencias do mar. Tal foi o caso de Humboldt. Nos dez días pasados na Coruña, á espera da saída da expedición por América -nun buque da Armada- sacou tempo para visitar Ferrol e facer medicións e experimentos. Un rioxano, Graells estudou dende a cidade a potencialidade do cultivo da ostra, reparando na espléndida ría de Ortigueira. O aragonés Odón de Buen -futuro primeiro director do Instituto Español de Oceanografía- quen sairía de Ferrol noutra expedición científica da Armada, non sen antes iniciarse aquí no estudo dos crustáceos. Alberto Grimaldi, príncipe de Mónaco, veu estudar a pesqueira da sardiña, nun pioneiro modelo de traballo. Tamén ferroláns coma o malacólogo Paz y Membiela, o naturalista López Seoane, cun recoñecido labor zoolóxico, e a serantesa Ángeles Alvariño, quen rompeu moldes no seu tempo, non so por varios «ser a primeira muller en...» senón polo seu valorado prestixio científico. Persoas e instalacións, a da USC na Graña e o Museo da SGHN, glosadas no libro de Carlos Brezmes, que esta tarde se presenta en Canido.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Bioloxía mariña