Política no mundial

Eduardo Fra Molinero

FERROL CIUDAD

24 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

En 1986 celebrouse o Mundial de Baloncesto. Ferrol era unha das sedes de clasificación. Non foi de balde nin sen traballo. Un éxito da cidade e do capitán da empresa Juan Fernández, presidente do OAR. Véñenme recordos de cousas políticas que pasaron arredor do Mundial. ¿Por qué sospeito que no sorteo deron usado bolas quentes?

Na sede de Ferrol coincidiron a U.R.S.S. e Israel, que daquela non tiñan aínda relacións diplomáticas. Veu o embaixador Samuel Hadas, xudeu sefardí de orixe arxentina. Home culto e de trato exquisito. Tamén veu o primeiro

secretario da embaixada da URSS, o sr. Bendrushev. Falamos de literatura rusa.

Chegou co seu filliño e máis a súa dona, profesora de inglés e amante da música clásica. Ficaron en Ferrol a semá enteira. Samuel Hadas plantou no Cantón unha oliveira. Bendrushev uns bidueiros. Veu tamén o delegado do goberno o Dr. García Sabell amigo de Samuel Hadas. Paseamos xuntos. Nun aparte García Sabell díxome que buscase a maneira de que se puidesen entrevistar con discrección Samuel Hadas e Bendrushev. Así foi. Nun restaurante de Neda vin cómo Bendrushev lle entregaba ao embaixador israelí un sobre lacrado.

¿A presencia das seleccións URSS, Israel foi cousa de bolas quentes? ¿Foi o azar? Os dous estados buscábanse nestes enventos deportivos. Ao ano seguinte formalizaron relaccións diplomáticas. Eu tiña a misión de acompañar aos diplomáticos. Por esta razón perdín de ver moitos partidos de basquet, pero non minto se digo que non o sentín.