A bandeira constitucional

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL CIUDAD

05 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Oalcalde Quintanilla fixo unha visita oficial a Capitanía dun xeito veraniego. «Debeu de ser por maio cando apreta a calor...» O caso foi que se presentou cómodo e relaxado, calzado cuns tenis ou praieiras, de cor azul mariñeira, por se vale de atenuante. Das praieiras do alcalde moito se falou nos chsimódromos públicos e privados. Era necesario logo amañar o impacto das praieiras. Algo había que facer. O Concello aprobou regalar á Armada unha bandeira constitucional bordada en ouro. Era un asunto delicado. Podía entenderse coma unha indirecta política. Disto algo sabe Arsenio Fernández de Mesa (en familia Cuco) que levou comigo os primeiros contactos para a entrega da divisa da patria. O custe foi de 500.000 pesetas de vellón. A empresa que gañou o concurso foi o Convento das Adoratrices Esclavas do Santísimo, de Ferrol.

No prego de condicións as irmás especificaron que a bandeira ía ser bordada polas dúas caras. Un detalle fundamental para a mesa de contratación. As monxas de clausura prometeron rezar por todos nós, pero que conste que este detalle non influiu para nada na concesión. A bandeira, nin bordada polos mesmos anxos, fixo moito para unha boa veciñanza civil militar. Despois veu o trato fluido para un convenio urbanístico con Defensa. Os rezos das monxas, unhas profesionais, nunca mal nos fixeron. As praieiras do alcalde non teñen nada que ver coa bandeira constitucional, certo, pero unha cousa veu detrás da outra. Houbo división de opinións.