O ano do despropósito


Escoitamos aos políticos: «Como humanos equivocámonos». Pero ahí se quedan e non citan os erros, os despropósitos, desatinos, disparates ou mesmo maldades. A min éntranme ganas de berrar: «Por exemplo». E a ver si recitan a lista das parvadas e máis maldades. Os pobos colectivamente cometen erros. Unha porque son levados polo flautista de Amelín. Outra porque nos vai a marcha de facer parvadas. Gústanos suicidarnos de cando en vez. ¡Ai, se tiveramos elixido a outros e non a Hitler! Lamentaba o pobo alemán cando caían as bombas inglesas, rusas, americanas...

Agora o expremier Blair convoca aos ingleses a unha sublevación contra o Brexit. Están contando as libras que perden cada día. Levan perdidas millóns e a conta segue. En USA moitos non paran de rebeliscarse por se o presidente electo Trump é un pesadelo. Pensaron que despois de Bush fillo estarían curados de estulticia. ¿Como é posible que todo un partido comunista de «sabios, enterados e concienciados» se deixara levar por Lenin e Stalin a un sistema radicalmente malvado e catastrófico?

As cidades, en pequeno, postas a cometer erros non deixan de cometelos. Aínda lembro cando Gil e Gil era o exemplo dos alcaldes. Marbella un faro para os concellos. Ferrol despois da frustración da reconversión tamén tivo o seu ano do despropósito. Un ano que podemos chamar a idade de ouro do chiste. Lembro aquel ano como unha vergonza. Teño vinte anécdotas que poden entrar na antoloxía do disparate. E non aprendemos.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

O ano do despropósito