«Estamos a facer máis pases nos partidos que a Cultural»

Antón Bruquetas FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

José pardo< / span>

O adestrador do Somozas, Antonio López «Stili», analiza a progresión no xogo do seu equipo nas últimas xornadas

09 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Cando un fala con Antonio López Martínez Stili (Cedeira, 1969) sobre fútbol o tempo foxe case sen querer. Nótase que non está a falar dun deporte, nin sequera dunha profesión, senón da súa paixón e contaxia esa fogaxe ao seu interlocutor. «Desde os tres anos recordo ter unha pelota entre as miñas mans e levo adestrando dende os 19», di o técnico do Somozas que a pasada xornada conseguiu o seu primeiro triunfo na casa, diante dos seus siareiros, e que soña, pese a marchar o último da clasificación, con conquerir a permanencia en Segunda B unha tempada máis. «Vexo cos meus xogadores cren e non imos deixar de loitar ata o último suspiro», sinala.

-¿Este equipo ten outra cara?

-A verdade é que levamos catro xornadas a moi bo nivel. Non tanto de resultados, porque penso que fronte ao Osasuna B, o Tudelano ou a Cultural mereciamos mellor sorte, pero si de xogo. E non só impresións miñas. Os números tamén sustentan o que digo. Fixemos 530 pases no último partido, máis que ningún equipo na categoría. E fronte á Cultural fomos dos poucos que quitámoslle o balón e tivemos máis ocasión que eles.

-¿Que falta para que ese xogo acabe converténdose en puntos?

-Bueno, xa o estamos a lograr. Pero principalmente axustar o penúltimo pase. Dá a impresión de que sempre se trunca por moi pouco. Roza nun defensor ou queda a un palmo do dianteiro e estrágase as ocasións. Axustando iso imos ter máis puntos.

-Din que o gol é o máis caro do fútbol...

-Xa sabemos que o Somozas non ten as posibilidades doutros equipos, pero penso que melloramos moito coas fichaxes do mercado de inverno. Son xogadores con experiencia na Segunda B e que no verán estaban moi lonxe do que nós podiamos ofertar. Pero agora quedaron descolgados dos seus equipos e abriuse a oportunidade de que xente como Jaume Vidal poida xogar aquí.

-¿Cómo de importante foron os tres puntos do pasado domingo?

-Moito. Tiñamos a losa de que non gañábamos na casa. Houbo catro partidos que empatamos nos que merecemos gañar dous, nos que o plan de xogo saíra á perfección e que se truncaron por erros puntuais.

-¿Pensou nalgún momento da tempada en baixar os brazos?

-Nunca. Falei coa directiva porque entendo que os números que levamos non son bos e se pensaban que o cambio de adestrador era a solución, pois que nós, os que formamos o corpo técnico, o entendíamos. Pero estamos convencidos do que facemos, do noso traballo e vexo cos meus xogadores cren e imos loitar ata o último suspiro. Son optimista.

-E a afección no deixa de animar...

-Cos puntos que levamos e nin un reproche ao adestrador ou aos xogadores. É para sacarse o sombreiro. Só teño palabras de agradecemento para eles.