Que pasa en Ferrol?


É coñecida a situación de Ferrol, sostida no tempo até parecernos normal. Progresivamente as xornadas laborais se alongan, os salarios se reducen e, curiosamente, máis e máis empresas malviven e pechan. Que pasa en Ferrol?

Naqueles territorios onde os nacementos non cobren a necesaria rexeneración poboacional as súas sociedades debaten como manexar a inmigración en proveito mutuo. Aforramos aquí ese debate pois é limitadísima a chegada de persoas que reduzan a media de idade. Que pasa en Ferrol? Logo de probar en cada mandato un goberno municipal distinto do anterior non saímos da complicidade coas decisións impostas. Que pasa en Ferrol?

O problema non é que non se saiba, é que non se asume a complexidade real. As competencias básicas sobre a Ría de Ferrol e Porto retidas polos ministerios de Medio Ambiente e Fomento, si, o mesmo Fomento que literalmente abandonou o sistema ferroviario; Ministerio de Defensa que mantén a cidade de costas ao mar e ocupando moito espazo urbano sen participar nos gastos; monocultivo industrial vinculado ao naval con todo tipo de limitacións que cambia de Economía a Defensa sen aproveitar as puntas de ocupación para fixar un tecido empresarial diverso na comarca.

Un exemplo máis? O castelo de San Felipe paralizado anos e anos pola falta dun Plan de Usos do Ministerio de Cultura. Afirmo que cando en Ferrol se asuma e fale claro sobre a orixe real dos problemas estaremos no camiño das solucións. Defendamos a política municipal e galega, a estatal fracasou.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

Que pasa en Ferrol?