A paixón cultural desbordou a semana pasada Ferrol

Roberto Taboada LA VOZ

FERROL CIUDAD

Miguel Costas, ex Siniestro Total, na sala Super 8
Miguel Costas, ex Siniestro Total, na sala Super 8 . esperanza vázquez dopico< / span>

Actuaron Miguel Costas, Juan Perro e varios grupos locais

28 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Houbo un bo número de rutas culturais para descubrir con paixón o Ferrol da Memoria Histórica, Rebelde ou Feminino; da construción naval ou o Canido das Meninas.

Principalmente a paixón estivo centrada no aspecto musical; cada día, a lo menos, unha interesante proposta: Miguel Costas (ex Siniestro Total) na sala Super 8, Juan Perro no Auditorio, músicas variadas no Guarisnais. Unha alternativa de actividades difícil de abarcar, mais congregaron con devoción a un público entregado a gozar.

O periplo festivo comezou o xoves ?santo? na mesma Super 8, alí celebrábase a oitava edición do Conspirando. O festival xurdiu hai máis de dez anos, organizado polo colectivo OPAII (Ondas Para Activación Información Independente)- unha entidade sen ánimo de lucro-, para recadar fondos para a creación dunha emisora de radio de carácter comunitario, autoxestionada e non comercial. Hoxe o proxecto é unha realidade e o festival segue a servir como actividade de apoio económico a manter o sono dunha paixón pola radio.

O evento congregou a xentes da asociación e alleas, nun cálido ambiente de complicidades, facilitadas tamén, pola gran cantidade de petiscos que abarrotaban toda a barra do local; o público foi dando boa conta deles segundo avanzaba a velada, esta non foi breve. O cartel anunciaba tres grupos, os tres de Ferrol e amigos da emisora -xa que dada a natureza do evento participaban de forma altruísta-; cada un dun estilo distinto, o que fixo un programa heteroxéneo, transitando dende o popular americano de Alberto Knox, ao pop-rock de Blah!, rematando co técno de Espejos y Diamantes.

Alberto Knox é un cantautor novo que orientou o seu xeito ao estilo contry ?esa música que soa á América profunda, a música con botas que di un famoso locutor de radio-. So coa súa voz e unha guitarra acústica defendeu con nota o repertorio do seu primeiro CD ?No One But Me- e deslizou tamén algunha canción inédita. A escritura, como non podería ser doutro xeito, é en inglés e a temática está moi lonxe da tradición americana e alíñase cos renovadores, aportando letras comprometidas e posicionadas. Hai certo pudor creativo á hora de introducir os temas e explicalos, todo desaparece ao momento de comezar a cantar, talento ferrolán en estado puro.

De seguido Blah!, antes El Viejo Caracol; cun par de baixas no grupo mudan o proxecto e renoméano. Primeiro concerto, no escenario batería, dúas guitarras (unha fai a voz), baixo e un teclista/saxofonista (Fausto Escrigas). Letras en español compostas por Óscar Fojo e musicadas colectivamente, un rock fresco e sólido, soamente foi preciso luz sobre os textos para encaixalos coa música.

No remate Espejos Y Diamantes, unha nova proposta de dous Carreros Bianco. Carlota e Joaquín, presentaron ritmos de técno-pop, sintétizadores e guitarras ao servizo dunha música moi bailable con letras conceptuais e oníricas que levantaron paixóns e moveron os corpos da asistencia. Agardamos que semana de paixón cultural non de paso a tempos penitencia.