«A encíclica ecolóxica do Papa é valente e oportuna»

B. Antón

FERROL CIUDAD

Hermida, en Caaveiro, donde estudia los murciélagos<span lang= es-es > IA</span>
Hermida, en Caaveiro, donde estudia los murciélagos IA . j. p.< / span>

Doutor en Bioloxía, hoxe inaugura un ciclo adicado aos «mandamientos» medioambientais do pontífice

20 ene 2016 . Actualizado a las 10:51 h.

Afundación (Cantón de Molins, Ferrol). Hoxe. 20.00 horas.

A encíclica ecolóxica «Laudatio si», na que que se recollen os «mandamientos verdes» do Papa Francisco, é o eixo central do ciclo de conferencias «Aula Aberta», que organiza o Bispado de Mondoñedo-Ferrol en Afundación. O pontés Roberto Hermida, doutor en Bioloxía, membro da Asociación Custodia do Territorio e estudioso dos morcegos que habitan na comarca, será o encargado de inauguralo esta tarde coa conferencia «Cara unha ecoloxía humanizadora».

-¿Que opinión lle merece a encíclica do Papa?

-Paréceme unha encíclica moi oportuna, esclarecedora e valente. É oportuna porque o momento de terrible degradación ambiental que vivimos necesita reflexión e o feito de que desde unha institución tan influínte como é o Papado se fale tan abertamente da problemática socioecolóxica marca un punto de inflexión na reflexión social sobre este tema. É esclarecedora porque condensa, ao meu xuizo moi acertadamente, os efectos da crise socioambiental actual. E nese senso é tamén valente, porque non se limita a enumerar os efectos, senón que tamén da un paso máis para para denunciar as dinámicas sociais e económicas excluíntes coa natureza e coa propia humanidade.

-A súa charla xira en torno á ecoloxía humanizadora. ¿A qué se refire con esta expresión?

-Na liña do expresado na encíclica, quero resaltar a íntima conexión que existe entre todos os seres que formamos a natureza. E os seres humanos estamos tamén incluidos nesta ecuación. Non existe un medio natural e un medio humano, senón que o mundo humano forma parte inseparable do medio natural. E por tanto, as mesmas actitudes e os mesmos xeitos de vida que degradan a natureza, degradan a dignidade humana. Como repite a eníclica unha e outra vez, todo está conectado.

-¿Que deberíamos facer para lograr esa ecoloxía que propugna?

-Reflexionar con sinceridade e valentía sobre o xeito de vida que levamos e os seus efectos sobre outras persoas e outros seres vivos. Deixar de lado a indiferencia na que nos movemos e que permite a diario que a cobiza e a ruindade arrase bosques e semente guerras, e facer un replantexamento da nosa existencia que vaia máis alá do individualismo empobrecedor no que nos movemos.

-A pesares de que cada vez hai máis conciencia ecolóxica, o planeta está a ser maltratado como nunca. ¿É o prezo que temos que pagar polos avances tecnolóxicos e industriais?

-Non. É o prezo que debemos pagar por un sistema de vida que non ten en conta os seus efectos sobre os que conviven con nós neste planeta, sexan outras persoas ous outros seres vivos. Os avances industriais e tecnolóxicos non teñen porqué estar reñidos cun xeito de vida respectuoso coas personas e o entorno. Pero se o obxectivo deses avances pasa de ser a busca do ben común a ser a busca do poder económico e político, o lucro personal, entón o sistema se pervirte.