«Galicia, nosa ledicia» é un canto á historia e á alma eterna do país

FERROL CIUDAD

Neira Vilas non chegou a ver impreso o libro, pero si tivo tempo a corrixir as probas.
Neira Vilas non chegou a ver impreso o libro, pero si tivo tempo a corrixir as probas. césar toimil< / span>

O volume, publicado polo selo ferrolán Embora, chega ás librarías ilustrado por Dani Viéitez e Iria Iglesias

12 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O libro póstumo de Neira Vilas, Galicia, nosa ledicia, é unha obra escrita en verso para os nenos na que se lles rende tributo á alma imortal e á historia do país. «Probablemente é o derradeiro libro escrito por el -sinalaba onte Miguel Toval, responsable editorial de Embora, o selo que publica o volume, que xa está nas librarías-. É certo que índa van saír máis cousas, e nós mesmos estamos preparando unha antoloxía dos seus artigos xornalísticos, ademais dunha colección de poemas de amor musicados. Pero estamos case convencidos de que a última obra na que traballou -engade Toval- é esta. No mes de marzo estaba escribindo o orixinal, no que despois fixo algúns cambios. E aínda que non chegou a ver o libro impreso, rematou a revisión das probas de imprenta ata un par de días antes da súa morte». «E é un libro para nenos -subliña o editor-ilustrado por Dani Viéitez e Iria Iglesias pensando tamén nos nenos. Pero non só para nenos. Este libro é moito máis...».

Coa forza das sagas

Esta «historia en verso» escrita por Neira Vilas, polo autor de Memorias dun neno labrego, ten a forza das sagas nórdicas. Toda a intensidade do pensamento do seu autor. E á vez que unha viaxe pola historia de Galicia, é tamén un viaxe pola historia do mundo. O fermoso legado dun home que xamais deixou morrer o neno que un día fora, aquel Balbino que tamén era todo un país.