«Coas condicións axeitadas pódense xerar trescentos empregos máis»

FERROL CIUDAD

Joam Luis Ferreiro
Joam Luis Ferreiro ANGEL MANSO

15 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Joam Luis Ferreiro Caramés (Ferrol, 1962), como biólogo da confraría de Barallobre, ten ben claro cales son os problemas que se están a derivar do uso das bateas.

-¿Cal é a causa desta mortandade?

-O certo é que non se pode falar dunha soa causa, aínda que agora memos a temperatura da auga non é aínda o suficientemente fría, a pesares da época do ano na que nos atopamos. Pero trátase dun cúmulo de factores, un cúmulo de factores que poden sumarse entre si ou irse combinando.

-Pero as bateas non funcionan ben.

-Non. As bateas non funcionan ben porque están mal plantexadas. Cando se fixeron as probas utilizouse un volumen de marisco moi inferior ao que realmente despois se vai depositando. A cantidade de producto que vai ás bateas é moi elevado e o sistema non está preparado para depurar toda esa cantidade.

-¿Cal é a solución que se podería prantexar a día de hoxe?

-Na situación actual habería que prantexarse recuperar o modelo que había antes das bateas, combinar os traballos de rexeneración, acondicionamento de bancos e traslado de ameixa coa faena en zonas B. Isto funcionou cando se puxo en marcha, pero a Xunta decidiu logo varialo. Para eles é un problema menor, porque aínda que é certo que poden aportar cada ano arredor de dous millóns de euros, son moitos menos cartos que a cantidade coa que se sufragaban as tarefas alternativas. Como xa dixen, para a Xunta é un problema menor, pero para as confrarías non porque teñen que pagar a mortandade. E de seguir así non se pode descartar ter que pechar, porque é insostible para o colectivo.

-¿Por onde vai o futuro da ría?

-Nun so sentido. Agardemos que todo o sistema de depuración de Ferrol, como se ten dito, se poña en marcha de xeito inminente, o que suporá deixar de verter, aínda que como se sabe este sistema de depuración é todavía deficitario. Despois é moi importante tamén o feito de que está previsto que o verán que ven entre en funcionamento o tanque que hai na zona da Gándara, preto de onde esta a antiga lonxa de Ferrol. Cando isto suceda, é de agardar que en tres meses, despois das analítica pertinentes, se podan comenzar a reclasificar bancos de zona C a zona B. E estamos falando dun área do banco das Pías que produce o 80 % do total.

-¿Sería suficiente?

-Sería un paso, importante, pero un paso. Despois habería que pensar en traballos de rexeneración dos bancos, onde hai lodos acumulados.

-¿E se se acomete tamén iso?

-Se se acomete todo iso o marisqueo da ría de Ferrol volvería á normalidade. Normalidade que se traducirá en, alomenos, trescentos empregos máis.

-¿Tantos?

-Sen dúbida. Só hai que pensar que agora As Pías produce como moito o 40 % da súa capacidade.