Razón de ser

O pasado venres o Jofre acolleu o inicio do ciclo Na Raíz

Hai interpretacións que transcenden o feito musical para entraren de cheo na experiencia emocional
Hai interpretacións que transcenden o feito musical para entraren de cheo na experiencia emocional

ferrol / la voz

Hai tempo que os espectáculos do Teatro Jofre non suscitaban o meu interese. Pouca actividade e variedade, excluíndo da oferta cultural unha programación de danza contemporánea, teatro galego ou músicas internacionais?

Certo é que os cartos para a cultura minguaron temerariamente. A prioridade foi encher de xente -esquecendo ao Público e á súa Pluralidade- obxectivo seguramente máis que conseguido con monologuistas, comedias fáciles e músicas meinstring.

O pasado venres o Jofre acolleu o inicio do ciclo Na Raíz, creado pola actual concellería de cultura, comisariado polo activista musical Pepe Cunha, responsable do blog Ábrete de Orellas. Este programa consta de catro concertos de seis formacións que beben da tradición, desmontándoa e recompoñéndoa e pasan pola peneira das formas actuais sen complexos en estilos persoais. Nas próximas visitas o Jofre acollerá, respectivamente, en novembro, decembro e xaneiro a Davide Salvado + Caxade (Galicia), Carmen París (Aragón) e finalmente a Fetén Fetén (Castela León) + Cuarteto Caramuxo (Galicia). Unha selección coherente e arriscada, que vai amosar unha imaxe moi certa do xénero.

Así e todo, creo que a programación deste ciclo é prematura, xa que aínda está a malvivir con outros espectáculos programados con anterioridade, a moita distancia dos obxectivos do ciclo e poden provocar certa confusión á hora de comunicar e visibilizar o cambio de rumbo na política cultural -o que tristemente acontece neste teatro cada catro anos- impedindo fidelizar os públicos e a continuidade de programacións.

O primeiro concerto foi a cargo de Raúl Rodríguez, músico e antropólogo musical e de ambas facetas tivemos unha xenerosa mostra. Este sevillano ten unha dilatada carreira acompañando a artistas coma Kiko Veneno ou Santiago Auserón; tamén colaborou con Martirio, de quén é fillo, en numerosos traballos. A Ferrol veu a presentar ?Razón de Son?, o seu primeiro álbum en solitario, producido, composto, arranxado e interpretado por el mesmo. Para facelo ao vivo acompáñase por uns músicos excepcionais: Mario Mas á guitarra, Aleix Tobías na percusión e Isaac Coll ao baixo eléctrico. Un cento de persoas acudiu á convocatoria, entre elas recoñecidos músicos da escena galega. Botouse en falta á xente da cultura local que tanto reclamou o xiro programacional.

Raúl Rodríguez entregouse: falando (cada unha das cancións foi introducida por unha narración maxistral, coma un Lévi- Strauss), tocando o tres flamenco --instrumento creado por el a partir do tres cubano-- coma se dunha estrela do rock se tratara, movéndose coma unha suxerinte bailaora e cantando, coa voz axeitada para cada unha das letras. O seu protagonismo non lle impediu conceder a cada ún dos seus acompañantes no escenario grandes momentos de solos. O público rendeuse incondicionalmente e agradeceuno con prolongados aplausos. Un espectáculo coma este ten a súa razón de ser, transcende do feito musical e convérteo nunha experiencia emocional.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ferrol

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Razón de ser