A confraría de Barallobre absorbe unha «fuga» de ventas do pósito de Ferrol

FERROL CIUDAD

Almeja para su subasta en la lonja de Barallobre
Almeja para su subasta en la lonja de Barallobre José Pardo

Preto de medio centenar de socios do colectivo da urbe naval comercializa ameixa de xeito habitual na rula fenesa

17 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A confraría de Barallobre está absorbendo as ventas de alomenos cuarenta socios do pósito de Ferrol que nos últimos meses, de xeito habitual, comercializan as súas capturas de ameixa babosa, fundamentalmente, na rula fenesa. O motivo, segundo diversas fontes consultadas no seo do sector, é que alí se consiguen mellores precios polo producto a día de hoxe que en Ferrol.

A situación supón menores ingresos para o pósito da cidade e máis para o de Fene, xa que cada confradía se queda con un porcentaxe do prezo de venta de cada kilo de producto que se despacha nas súas instalacións.

Os números reflexan esta situación. Segundo os datos estadísticos da Xunta, entre o día 1 de xaneiro e onte en Barallobre comercializaronse máis de 105.000 kilos de ameixa babosa por valor de preto dun millón de euros. Ferrol vendeu algo máis de 75.000 kilos que reportaron, na mesma franxa temporal, algo máis de 727.000 euros.

O prezo medio en Barallobre, segundo a información oficial da Administración autonómica, é similar ao que se paga en Ferrol, como tamén o máximo por kilo. A diferencia atópase no precio mínimo, que se na rula da urbe naval -na actualidade ubicada na nave provisional do Mercado pola reforma da lonxa de Curuxeiras- fíxase en tres euros, mentras que en Fene é de 5,30 euros por kilo. Son 2,30 euros máis. Toda esta situación redunda, ademáis, a que a día de hoxe a rula fenesa sexa a de maior venta de ameixa babosa en toda a comunidade galega, por enriba de Ferrol, como xa quedou dito, Rianxo e Carril, focos tradicionais de gran facturación.