«Penso que a privatización está condenada ao fracaso»

M. Meizoso, N. Silvosa FERROL

FERROL CIUDAD

Jesús Toja en el Registro Civil de los juzgados ferrolanos.
Jesús Toja en el Registro Civil de los juzgados ferrolanos. josé pardo< / span>

Jesús Toja mantén que os cidadáns terán que pagar por moitos trámites e advirte que este é un problema social

25 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras 24 anos como funcionario do Rexistro Civil, Jesús Toja aférrase á resistencia contra a súa privatización. Por iso volcou sobre os micrófonos de Radio Voz as consecuencias que terá este proceso para o cidadán.

-¿Que consecuencias traerá a privatización do Rexistro Civil?

-Dicir que o Rexistro Civil é un órgano que empezou a funcionar no ano 1871 e é público e gratuito. Nos os funcionarios velamos porque a información non se lle proporcione a calquer persoa, só os interesados ou ascendentes e descendentes de primeiro grado. Calquer cidadán ao longo da súa vida vai pasar polo Rexistro Civil.

-¿E que ocorrerá trala súa externalización?

-O que explicábamos antes. A día de hoxe, o que é a partir do ano 50 está todo dixitalizado. Eso quere dicir que houbo unha inversión por parte do Ministerio de Xustiza duns 130 millóns de euros. O Rexistro Civil está en condicións bastante boas con respecto a como estaba antigamente. A partir desta reforma que empeza o 15 de xullo do 2015 se fará unha cesión da xestión dos rexistros civís ao que chamamos rexistradores mercantís, e hai un en cada provincia. Aquí en Galicia quedarían cinco.

-¿Non van dar un servizo axeitado?

-Hai que dicir que cada Concello ten o seu Rexistro Civil, polo que de entrada xa había unha cercanía do cidadán. Onde non haxa rexistradores mercantís haberá da propiedade, e se non notarios. E iso vai ser a cambio de ter que pagar, porque a concesión que se vai facer aínda que eles din que os trámites de nacementos ou defuncións van ser gratuitos e van ser os propios hospitais os que se encarguen dese trámite, os posteriores certificados hai que pagalos. Tamén destacar a nosa formación, porque o fundamental de todo é que as inscripcións partan sen ningún tipo de erro. Penso que esto está condenado ó fracaso.

-¿Seguirán as protestas?

-Hai que salientar o gran apoio que estamos tendo todos os funcionarios do Rexistro Civil por parte de todos os empregados da Administración de Xustiza. En principio faremos unha serie de asembleas por todos os xulgados e vamos facer cada xoves o máis seguro unhas concentracións que irán ata o Concello.