«Vemos especulación pura e dura»

La Voz

FERROL CIUDAD

JOSÉ PARDO

03 abr 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

César Bedoya Díaz (Serantes, 1951) é un dos integrantes da plataforma en contra da ruta sur do tren a Caneliñas e soe exercer de portavoz dos máis de trinta asociacións e colectivos que a conforman.

-¿Rexeitan vostedes o proxecto do tren ao porto exterior?

-Nesta plataforma hai sensibilidades moi distintas, pero non, todo o contrario. Como grupo estamos a favor de que se faga o tren, somos defensores diso, pero pola ruta norte.

-¿Cales son os beneficios desa ruta norte sobre a sur?

-A grandes rasgos, evitaría o viaducto sobre a Malata e, tamén, enlazaría cos polígonos industriais. Ademais, desde a Autoridade Portuaria, en entrevistas que tivemos, nos indican que ese trazado é aceptable.

-¿E porque se optou pola ruta sur?

-Porque cada obra que se fai no mar en zonas que xa están castigadas implica unha nova pérdida de mar ou un progresivo deterioro ata que a propia cidadanía acaba por pedir que iso se rechee. Vemos especulación pura a dura. Na Malata xa debería terse feito unha tarefa de limpeza a rexeneración para recuperala para o marisqueo, e recuperar incluso praias como a de Copacabana. Con ese viaducto iso xa non se pode facer, anúlanse as posibilidades de mellora e quedarán ahí un millón e pico de metros cadrados para especular con eles. Metros cadrados que, como se soe decir, son gañados ao mar, pero eu considero que son roubados ao mar.

-Hai poucas semanas fixeron unha primeira protesta pública fronte a Autoridade Portuaria. ¿Hai xa perfilada algunha outra?

-Fixemos esa movilización fronte a Autoridade Portuaria porque é o órgano promotor da obra. Foi unha primeira chamada de atención. Pero faremos máis. A próxima, probablemente, no Concello. Pero aínda non temos data. Entre outras cousas porque enviamos un escrito a Fomento para que se nos entregue todo o expediente do proxecto coas novidades incorporadas dende a exposición pública do estudio informativo. Ademais, despois destes últimos días festivos imos por o acento na tarefa de recollida de firmas que iniciamos xa varias semanas atrás.

ciudadanos césar bedoya, da plataforma contra a ruta sur do tren a caneliñas