«A xustiza é un dereito»

Ramón Loureiro Calvo
ramón loureiro FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

JOSÉ PARDO

Afirma que non se pode privar aos cidadáns do que é «fundamental»

05 ene 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Nieves Santomé, a decana do Colexio de Avogados de Ferrol, muller de firmes conviccións, di que «a xustiza é un dereito». Un dereito, ademais, «fundamental». E que dos dereitos fundamentais, claro, non poden ser privados os cidadáns. Natural de Xermade, onde rematan as Terras do Eume e comeza a Terra Chá, é experta en Dereito Civil, ademais de excelente lectora e unha gran afeccionada á música clásica, que toca o piano... cando ten tempo.

Di sempre, sen deixar de sorrir, que ela é de Xermade. «Alí está a nosa casa petrucial», recorda. «Unha casa -comenta Nieves- á que procuro volver todas as fins de semana, e na que se reencontra a familia enteira». Pero aínda sen deixar de reivindicar esa paixón súa polo mundo da Chaira -que lle deu á literatura galega poetas como Manuel María, Crecente Vega, Marica Campo, Margarita Ledo ou Darío Xohán Cabana-, confesa o seu fondo amor por Ferrol. E en especial polo casco histórico do barrio da Magdalena. «Gústame moito -sinala a decana dos avogados- o Ferrol que herdou do tempo da Ilustración un urbanismo marabilloso, que non deberiamos deixar perder. Ponme triste ver que esta cidade nosa non mellorou co paso dos anos, senón que foi a peor. Penso que habería que coidala máis». Con todo, Ferrol parécelle a Nieves Santomé un fermoso lugar para vivir. «É unha cidade preciosa- comenta-, na que todo está ao alcance da man. Podes ir a calquera lugar camiñando, e iso para min é moi importante».

Lugares de conviencia

Entre os moitos lugares que lle gustan do casco histórico, ela elixe a Praza de Ambage. Porque é un lugar de conviencia. Un espazo no que se reúnen ferroláns de todas as xeracións.

nieves santomé decana do colexio de avogados de ferrol

Nieves Santomé

53 anos

Letrada

A Praza do Marqués de Amboage, un símbolo do casco histórico de Ferrol.