Fene rescata o reinado dos hórreos nunha exposición única de fotos e madeira en Magalofes

Patricia Hermida Torrente
Patricia Hermida FENE / LA VOZ

FENE

A Torre 4, Magalofes. Hórreo con vistas en Fene
A Torre 4, Magalofes. Hórreo con vistas en Fene Xan Xe Corral Paz

Inaugurouse este sábado e pode visitarse na asociación veciñal desa parroquia

10 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Auténtica alma de Galicia en forma de construción rural para o almacén de gran, o hórreo é o protagonista dunha exposición única inaugurada onte en Fene. Co nome de Documenta Hórrea. Proxecto Magalofes, pode verse na Asociación Veciñal de Magalofes. E conta coas fotos de Xan Xe; as creacións de Juan Sobrino, Andrea Pena, Verónica García, Alejandro Coedo, Malena Carballo; e a obra dos alumnos de Laudas Calamity. Ten ademais a carpintería de Antonio García, con Laura Bouza como comisaria.

Co obxectivo de devolver o hórreo «ao centro da arte», a organización corre a cargo de Son Radiofusión, Laudas Calamity e Radio Fene coa colaboración do Concello de Fene, Deputación da Coruña e asociación veciñal.

Inscríbese no movemento Rede Hórrea, «para recoñecer os hórreos como patrimonio cultural inmaterial da humanidade».